O pequeno comercio da Costa da Morte únese ao "Black Friday"
07:10 25/11/16
A maior parte dos comercios da Costa da Morte ofrecen estes días uns descontos do 20%
Dende as grandes superficies. Cada vez son máis os comercios que se suman á moda do Black Friday; esa moda anglosaxona de facer promocións co fin de que os consumidores adianten as súas compras do nadal ao mes de novembro. E na Costa da Morte esta moda conseguiu a unión dos empresarios para atraer aos clientes da zona e evitar que escapen aos centros comerciais ubicados nas principais cidades galegas. As perspectivas son boas, xa que se espera un incremento de ventas do 5% con respecto ao mesmo periodo do ano anterior, segundo os datos da Confederación Española do Comercio.
O pistoletazo de saída será hoxe a oferta estrela son os descontos do 20%. "Para os consumidores temos que ser igual de atractivos que os grandes centros comerciais, así que non nos queda outra que inxeniar campañas para que a xente merque no pequeno comercio", sinala Tatiana Rellán, presidenta da asocación de Empresarios Soneira. Precisamente en Baio montaron unha curiosa campaña á que se uniron os hostaleiros coa 1ª ruta das filloas en distintos bares e restaurantes da vila.
Os comerciantes e hostaleiros de de Baio armaron o #VenresNejro e participan tamén na campaña En Negro polo 25N
Descontos
Así, entre hoxe e mañá os consumidores atoparán apetecibles descontos e horarios de apertura ampliados en moitos dos comercios de Cee, Santa Comba, Vimianzo, Ponteceso ou Baio. "Despois da de Reis, o Black Friday é xa unha das campaña máis importante para a nosa tenda" explica unha comerciante de Vimianzo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])