Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP abrirá expediente disciplinarios aos concelleiros que fixeron posible a moción en Coristanco

O PP abrirá expediente disciplinarios aos concelleiros que fixeron posible a moción en Coristanco
Lista do PP de Coristanco 2015 Esta era a lista do PP de Coristanco para as pasadas eleccións municipais, liderada polo imputado Pensado Plágaro

Esta pasada mañá de venres saía adiante, ante toda sorpresa, a moción de censura que convirte a Abraham Gerpe (o único edil, xa expulsado, do PSdG) en novo alcalde de Coristanco co apoio de 6 concelleiros do PPdG. Unha decisión dos 6 edís contradicindo a opinión da executiva provincial que apenas un día antes daba por finiquitada a moción, ao entender que "non se daban as circunstancias legais para que se votara a moción de censura”.

Poucas horas despois de votar a favor na mesa de idade dando por válido o escrito que presentaba Gerpe solicitando que o documento de expulsión do PSdG non era válido, e de votar a favor da investidura de Gerpe, a Provincial popular asegura que "procederá a abrir un expediente disciplinario aos concelleiros que votaron unha moción desautorizada pola dirección provincial".

Evaristo Ben, o vicesecretario xeral de Organización, asegura que “Non seguiron as instrucións do partido" e lembra que nun primeiro momento o PP estaba disposto a apoiar a moción debido as circunstancias “excepcionais” e de “ingobernabilidade” que se están a dar en Coristanco, e así llo comunicou ao grupo municipal. “Nós puxemos os intereses do municipio e dos seus veciños por riba das nosas siglas, pero o proceso de radicalización do PSOE fai imposible que podan cambiar as cousas; eles optaron por abandonar aos veciños antes que aceptar o apoio do PP ao seu concelleiro”, matizou Ben, que insistiu en que “as leis están para cumprilas, e entendemos que, despois dos últimos acontecementos, non era legal votar hoxe esta moción”.

Ben explica que “unha vez que o PSOE expulsa ao seu concelleiro, os votos non son suficientes en aplicación da lei e, en consecuencia, a proposta non pode prosperar”, afondou o vicesecretario xeral.

Críticas do PSdG

Pola súa parte, a Agrupación Provincial Socialista fan fincapé en tres puntos. Ratifican a validez do escrito presentado e a expulsión de Gerpe do partido; Amosan as súasdúbidas xurídicas sobre o procedemento do pleno e sobre que sexa a mesa de idade a que teña competencias nun caso coma este. "Estudiaremos o caso", confírmannos. E critican "a hipocresía do PP que non fixo nada para evitar esta moción, cando nós fixemos o procedemento de expulsión habitual para evitala".

 

A historia da moción de censura de Coristanco

Máis novas da política municipal de Coristanco

Máis novas

Fonte

Comentarios