Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PP rompe o seu silencio dando por pechada a moción de censura en Coristanco

O PP rompe o seu silencio dando por pechada a moción de censura en Coristanco
Evaristo Ben, vicesecretario de organización do PP provincial da Coruña Evaristo Ben, vicesecretario de organización do PP provincial da Coruña

Esperou o PP a que o PSdG fixese efectiva a expulsión de Abraham Gerpe para romper o seu silencio, tal e como demandaba o alcalde Amancio Lavandeira. “O PP dá por pechado o debate da moción de censura en Coristanco”, xustificando a decisión en que , unha vez que Gerpe forma parte do grupo dos non adscritos e o seu voto non é válido na moción pola lei antitransfuguismo, “non se dan as condicións legais, e o Partido Popular sempre cumpre coas leis e as institucións”, segundo as palabras do vicesecretario xeral de Organización, Evaristo Ben.

Ben asegura que os populares estaban dispostos a apoiar a Abraham Gerpe, pero a “radicalización que vive o PSOE” fixo imposible o acordo. “O PSOE prefire condenar a Coristanco e aos seus veciños a unha situación insustentable no municipio antes que gobernar o concello cos votos do Partido Popular”, valoran.

Os populares intentaron explicar unha moción que permitiría ser alcalde ao único concelleiro do PSOE co apoio dos seus 6 edís, como “un intento de mellorar a situación que había, estabamos dispostos a apoiar ao concelleiro socialista, poñendo por diante das nosas siglas os intereses dos veciños”.

 

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios