O PSdG busca o seu coordinador na Costa da Morte


Situación estrana no PSdG da Costa da Costa. Se tódalas asembleas comarcais da provincia participan o sábado no proceso de elección dos coordinadores comarcais do partido, na nosa bisbarra aínda hai que dar máis pasos.
No caso da comarca da Costa da Morte, onde non hai candidatos á coordinación comarcal tras a retirada da única candidatura presentada en prazo, a de José Manuel Pequeño que rexeita posicionarse tralos últimos acontecimentos, a dirección provincial decidiu abrir un novo prazo de presentación de candidaturas, que rematará o luns 11 de marzo.
A asamblea desta comarca terá lugar o vindeiro sábado 16 de marzo, ás 17.00 horas, na Casa da Cultura de Corcubión.
A que si ten asemblea este sábado é a da comarca de Bergantiños. Os militantes teñen cita este sábado ás 18.00h na Agrupación Socialista de Carballo (Vázquez de Parga, 4), e terán que elixir entre as Candidaturas de Gumersindo Rey Rama e Fernando Varela Velo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacostal.com).
- PSdG.