O #SanXoán de Carballo busca cartel
07:06 15/03/16
O xornalista Luis Fraga exerceu de pregoeiro nas Festas do San Xoán do 2015
A pouco máis de tres meses das festas, a comisión de festas do San Xoán de Carballo xa se puxo a traballar na vindeira edición organizando un Concurso do cartel das festas de San Xoán 2016.
No concurso poderá participar todas as persoas que o desexen, sen límite de idade. Cada autor só poderá presentar unha obra e non poderán participar os gañadores e gañadoras das últimas dúas edicións do concurso. O premio é de 45o€ e está patrocinado por Opticalia Enríquez.
A Comisión de Festas faralle chegar as Bases do Concurso de Carteis as asociacións culturais de Carballo, institutos e colexios de Carballo e Comarca así coma outras institucións culturais relacionadas co deseño, a pintura e a fotografía de Galicia.
Os traballos deberán presentarse na Concellaría de Cultura do Concello de Carballo, persoalmente ou por correo certificado, entre o 14 de marzo e o 16 de abril de 2016.
O xurado estará constituído por un mínimo de catro membros da Comisión de Festas e un representante do Concello de Carballo. A decisión do xurado é inapelable e adoptarase por maioría simple entre os seus membros. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o concurso. Os orixinais que non resulten premiados poderán recollerse no Pazo da Cultura entre o 18 de xullo e o 18 de agosto de 2016. Despois desta data entenderase que os autores renuncian aos mesmos.
Bases do concurso
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Concello de Carballo