O sector lácteo continúa revolto
08:15 06/04/16
A Plataforma en Defensa do Sector Lacteo denuncia a entrada de leite de fóra de Galicia
Volveron as manifestacións e viñeron para quedarse. Tras a protesta do pasado 31 de marzo en Santiago de Compostela, a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo - PDSL - anuncia que, esta mesma semana, inicia unha nova etapa de mobilizacións que, desta vez, estarán centradas en denunciar a entrada de leite de fóra de Galiza para fornecer as industrias que operan na terra.
"Tras ter posto o foco nas prácticas comerciais abusivas das industrias, dos primeiros compradores e das cadeas de distribución alimentaria que operan no sector lácteo galego, queremos chamar agora a atención sobre un feito indignante: as provincias que máis leite producen de todo o Estado Español, A Coruña e Lugo, son as principais importadoras de leite foráneo", indican dente a Plataforma. En concreto, aseguran que na Coruña entraron 108.665 toneladas de leite e nata non galegos en 2015, mentres que en Lugo foron 58.239 toneladas. "Estas importacións achéganse á cantidade de leite mensual que producen as nosas granxas, que en xaneiro de 2016 foi de 221.510 toneladas, e en febreiro de 211.578 tn" sinalan.
Para a PDSL é inadmisible que as industrias afincadas na comunidade galega importen leite e nata de maneira masiva cando lles están a impoñer ás nosas granxas fortes restricións á hora de producir, cando hai empresas que deixan de recoller de maneira arbitraria, e cando utilizan a sobreprodución como escusa para afundir os prezos en orixe até niveis de absoluta miseria. Ante esta situación, a Plataforma en Defensa do Leite Galego convoca unha nova asamblea gandeira para hoxe, 6 de abril, na área de servizo de Outeiro de Rei - na A6 - ás 11:30 horas.
Pago de axudas da PAC
Porla súa banda, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, anunciou onte en Madrid que a Xunta fará efectivo esta semana un novo pago de 14,5 millóns de euros correspondentes ás achegas da PAC deste 2015-2016. "Deste xeito, Galicia estará por diante no pago destas axudas respecto a outros exercicios, algo do que se beneficiarán agricultores e gandeiros", indican dende o goberno galego.
A conselleira sinalou que este novo pago “é unha boa noticia para os gandeiros nun momento delicado” porque no caso concreto do sector lácteo, xa se teñen pagado 9,5 millóns en axudas á liquidez para 8.614 gandeiros. Só quedarían por abonar outros 303.444 euros. A estas cifras hai que sumar as axudas acopladas que ascenden a 37,5 millóns dos que se pagaron preto de 25,6 e que chegaron a 8.517 titulares. Respecto ás achegas para vacas nutrices téñense pagado 12,6 millóns de euros a 9.282 beneficiarios e quedarían por achegar outros 2,2 millóns. O prazo ordinario de pago destas achegas comezou o 1 de decembro e finalizará o 30 de xuño.
Novas relacionadas
- O sector lácteo esixe solucións urxentes para as granxas ás que lles deixan de recoller
- 23-03-16: O sector lácteo concentrarase en Santiago
- 12-02-16: O sector lácteo inicia unha rolda de contactos cos partidos políticos
- 26-01-16: Gandeiros do Xallas cambian “ghaspeadas leiteiras” por “rubias galegas” de carne
- 17-11-15: A plataforma do sector lácteo anuncia novas protestas a partir do día 23
- 23-09-15: “O Ministerio non apurou todo o que lle pedimos os gandeiros e temos un acordo lácteo descafeinado”
- 17-09-15: Rematou o bloqueo ás industrias lácteas.
- 15-09-15: Os tractores colapsan as rúas do polígono industrial de Sigüeiro.
- 14-09-15: Os Gandeiros manteñen as mobilizacións bloqueando a industria e a distribución e regalando leite
- 11-09-15: Os Gandeiros seguen na loita e deciden bloquear as industrias do país cos seus tractores.
- 10-09-15: 15.000 persoas saen á rúa polo sector lácteo mentres o Ministerio apraza o acordo.
- Que podemos facer como consumidores para axudar ao sector leiteiro?.
- 08-09-15: 4000 tractores colapsan Santiago.
- 07-09-15: #AVaquiñapoloquevale: Mazaricos lidera as mobilizacións por un prezo mínimo do leite.
- Máis de 5.000 tractores invadirán Santiago durante tres días.
- Os gandeiros saen a rúa en Santa Comba
- A Xunta critica as mobilizacións anunciadas polo sector lácteo
- “A asociación de gandeiros de Mazaricos nace pola necesidade de unión que ten este sector”
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- 9 alcaldes da zona reúnense en Santa Comba para amosar o seu apoio unánime ó sector lácteo.
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”.
- Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”.
- 06-07-15: 15.000 litros de leite ao chan contra o secuestro das industrias lácteas.
- 17-06-15: Os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba moven ficha polo sector gandeiro.
- 28-04-15: 11 alcaldes da Costa da Morte asinan manifesto de apoio aos produtores de leite.
- Os gandeiros piden sancionar a quen venda leite por debaixo do prezo de mercado.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego