Venres. 11.10.2024
El tiempo

Ofrecendo ferramentas á mulleres con diversidade funcional que viven rural

Curso de busqueda de emprego por internet para mulleres de Intero
As mulleres do PIMDrural aprenderon a crear os seus perfís en webs de emprego
Ofrecendo ferramentas á mulleres con diversidade funcional que viven rural

Muller con diversidade funcional que vive rural. Así é a triple discriminación que padece o colectivo co que traballa directamente a Asociación Íntegro. O Punto de Intervención para Mulleres (PIMDRural), co-financiada polo Fondo Social Europeo (FSE), englobado no programa operativo FSE Galicia 2014-2020, xa ten traballando con 36 destas mulleres, ofrecendo ferramentas para fomentar a igualdade de oportunidades.

E tras un ano de intensa actividade formativa, para dotar ás mulleres do rural dunha maior autonomía e independencia, necesarias para mellorar a súa situación persoal, social e laboral, o balance é máis que positivo. 4 insercións laborais así o reflicten.

Este mes de setembro comezaron un novo curso, enfocado á búsqyeda de emprego a través das novas tecnoloxías, axudando á creación de perfís en webs de emprego, coa finalidade de mellorar a formación das participantes de cara a aumentar a súa empregabilidade ata lograr a plena integración socio-laboral.

É o mellor xeito de completar un extenso e variado programa formativo, no que se impartiron cursos relacionados coa procura de emprego a través do teléfono móbil, formación básica en prevención de riscos laborais e confección de currículos e cartas de presentación.
Ademais das sesións teóricas, as participantes tiveron a oportunidade de achegarse á realidade actual dalgunhas das empresas máis importantes e punteiras de Galicia como é o caso de Aluman, Inditex e Cerdeimar, entre outras. Nos vindeiros meses, está previsto continuar co este ciclo de visitas para adquirir novos itinerarios de inserción profesional.

Novas relacionadas

Comentarios