Martes. 30.04.2024
El tiempo

Por onde pasa a túa cabalgata?

Reis Magos por Santa Comba
Os Reis Magos xa saíron por Santa Comba
Por onde pasa a túa cabalgata?

Facemos un repaso polas cabalgatas de varios dos concellos da comarca.

Santa Comba, os máis tempraneiros

Os de Santa Comba foron os máis tempraneiros e xa este mércores percorreron parte do Concello. Este xoves estarán d e 10:00 a 14:00 por Ponte e as parroquias de Grixoa e San Cristóbal de Mallón. E de 15:00 a 21:00 percorrerán as parroquias de A Pereira, Fontecada e Alón, para despois percorrer os lugares de Guisande, As Cerdeiras e Ventosa.

E o venres percorrerán as rúas do núcleo de Santa Comba con recepción oficial.

Tractorada de Mazaricos

Cartel Reis Mazaricos 2024

Sen dúbida, a máis orixinal, a tractorada polas rúas da Picota. Melchor, Gaspar e Baltasar presidirán a Gran Tractorada de Reis que partirá do recinto feiral ás 17h do vindeiro venres 5. Utilizarán, un ano máis, tractores nesta particular cabalgata como un modo de homenaxear e reivindicar o carácter rural de Mazaricos. Ao remate, o recinto feiral acollerá unha recepción real con reparto de agasallos a cargo dos Reis Magos e as e os seus axudantes e chocolatada.

Ubicación en tempo real en Carballo

Para a de Carballo podedes seguir a ubicación en tempo real en www.carballoenrede.com.
Sairá do Centro Comercial Bergantiños ás 17.00-17:15 h, para chegar á Praza do Concello: 19.30- 20.00 h (aprox.), pasando pola Rúa Perú, Avd. Ponte da Pedra, Av. Malpica, Pedra Furada, Mirtos, Fábrica, Av. das Flores, Rosas, Begonias, Camelias, Xasmíns, Av. Cristina, Poñente, Luís Calvo, Castelao, Alexandre Bóveda, Av. Fisterra, Río Anllóns, Av. Milagrosa (parada Escola de Arrabaldes), Rúa Sol, Martín Herrera (Parada Igrexa), Jacinto Amigo, Gran Vía, Dr. Fleming, Av. Bergantiños, Vila de Ordes, Gran Vía, Vázquez de Parga, Emilia Pardo Bazán, Ponte da Pedra, Pontevedra, Avilés de Taramancos, Ánxel Fole, Valle-Inclán e Colón.
Na praza do Concello haberá animación co Picadiscos Marifaltri dende as 18:45.

Xoves e venres en Zas

Cabalgata 2024 Zas

Dous días necesitarán as SS. MM. Os Reis Magos de Oriente para percorrer os cerca de 100 núcleos de poboación do concello de Zas.
O Xoves, 4 de xaneiro, percorrerán entre as 10:00h e as 14:00h os lugares de San Adrián, A Devesa, Rial de Abaixo, Caberte, Maxín, A Atalaia, Rial de Arriba, Froxán, San Martiño, Vila, Langueirón, A Santa, Fontespiño, Pedra Padreiro, Marán, Campos, A Lagoa, Pudenza, Brandomil, A Calabanda, Padreiro, Quintáns, Limideiro, Currais, A Gris, Borreiros, A Xestosa, Os Pedrouzos, As Abellas, O Couto, A Toxa, O Vilar, A Churía e Meanos. E de 15:00 a 18:30 horas: Roma, Rus, Vilar de Lamas, As Edreiras, Berbia, Romelle, Arcar, Loroño, Baizana, Artón, Sandrexo, Vilar, Saconde, Pazos, Quintáns, Andregalla, Penedo, Vilachán, Gomarís e Lamas.

Xa o ventes 5 de Xaneiro, de 10:00 a 14:00 horas: Vilar do Mato, A Costa, Follente, Rosende, Mira, Ventoselo, Gontalde, Teixidón, Pedramaior, Carreira, Vilaestévez, Gándara, Quintáns, Vilar Ramilo, Parga, Budían, O Sisto Sobreira, O Vilar, San Cremenzo, Castro, As Pereiras, Bermello, Cotón do Muíño, Xerne, A Cebola, Muriño, Regalados, O Pombal e Fornelos.

Melchor, Gaspar e Baltasar farán o venres á tarde un percorrido especial polas rúas de Baio e de Zas. Está previsto que despois de percorrer Baio se acheguen a iso das 18:00 horas ata a Praza Jorge Mira para facer alí unha recepción real. E para facer aínda máis amena a súa visita, contarán coa actuación do Mago Paco e repartiremos chocolate con churros. Un pouco máis tarde, sobre as 18:45 horas, tamén haberá unha recepción real en Zas, na Praza do Concello. Aquí tamén haberá cun espectáculo de maxia a cargo do Mago Noel e repartiremos chocholate con churros.

En Vimianzo

Este venres, 5 de xaneiro, os  Reis Magos de Oriente visitarán as 14 parroquias de Vimianzo!
Para pechar o seu percorrido, ás  20:00 horas está programa a recepción real na  praza do Concello.

Cabalgata Vimianzo 2024-Percorrido

Venres e sábado en Malpica

O Concello de Malpica, xunto coas diversas asociacións de Malpica (ANPA Ventorrillo, AC Malante, AC Raigañas, ACD Carcaxía, Veteranos de Leiloio, Buño SCD, A.C. A Feira e ACD San Xulián), xa ten preparada a Cabalgata dos Reis magos que percorreran todas as parroquias de Malpica. As carrozas chegarán a Buño, ás 17.30, con parada no Teleclube. Tamén estarán en Leiloio, a partir das 18.30 con saída da Feira Nova, percorrendo todos os lugares da parroquia, para chegar a Malpica ás 19:00.

Aínda terán tempo de saír o sábado 6 de xaneiro, partido de Cambre ás 10.00 no campo da festa; pasando por Cerqueda, ás 10.30 no campo da festa; Santiso, ás 11.00 no campo da festa; Beo, ás 11.30 na estrada xeral no cruce para a praia de Beo; Mens, ás 12.00 no campo da festa; Barizo, ás 12.30 no campo da festa; Seaia, ás 13.45 no campo da festa. E finalmente, cunha festa inchables no campo da Festa de Seaia a partir das 18:00h.

Xoves e venres na Laracha

As SSMM volverán percorrer as trece parroquias do Concello da Larcha na cabalgata que se vai realizar durante dous días, o xoves e o venres. Ademais, o venres tamén haberá unha festa infantil no pavillón do IES Agra de Leborís a partir das 17:00 horas, onde os nenos poderán agardar polas Súas Maxestades desfrutando dos xogos e inchables. O percorrido previsto da cabalgata, cos horarios aproximados de chegada a cada núcleo de poboación, é o seguinte:

cabalgata de Reis da laracha 2024-Percorrido

Fisterra, Fin do Camiño

Mañá e tarde estarán os reis pola fin do camiño ben atarefados. Pola mañá do venres 5 de xaneiro visitarán as escoliñas, e despois irán polas parroquias (Ermedesuxo, Denle, Rostro, Suarriba, Sardiñeiro, Mallas, Anchoa…) Pola tarde, ás 16:00h estarán en Sardiñeiro, con troula, antes de saír cara Fisterra, onde terán a recepción na Praza da Constitución (se chove no pavillón) ás 19:15 con animación, djs, chocolate con churros…

Cabalgata Reis Fisterra 2024 percorrido

Chegada por mar en Camariñas

Este venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos entrarán a Galicia polo mar de Camariñas a bordo do barco ‘Mar de Grecia’. Chegarán ás 11:30h á Lonxa Vella. Desde aí comezarán o seu itinerario, que os levará por Arou, Camelle, A Ponte do Porto, Xaviña e Camariñas. Pode que non caiban polas rúas máis estreitas, recibámolos como se merecen nas prazas.
Ao remate do traxecto, no pavillón Víctor Vigo, ao redor das 19 horas, atenderán nos seus tronos as últimas peticións dos máis pequenos. Alí, a tarde estará amenizada cunha gran festa infantil que comezará a partir das 18:00 horas.
En todas as recepcións reais haberá chocolatada e roscón e nas de Camelle e Arou a asociación A Folja da Faneca encargarase de facer miniroscóns e repartilos entre os nenos e nenas, que poderán subir á carroza en todas as paradas para saudar e falar cos Reis Magos.

Cabalgata Reis Camarias 2024-Recorrido

Comentarios