Venres. 19.04.2024
El tiempo

As ONGs lamentan o silencio das administracións ante o posible sentinaso que provocou a morte de máis de 200 aves

Ave petroleada aparecida en Quilmas-Foto-Manuel Maria Candamo
Ave petroleada aparecida en Louro-Foto-Manuel Maria Candamo
As ONGs lamentan o silencio das administracións ante o posible sentinaso que provocou a morte de máis de 200 aves

Crú é o informe que o Grupo Naturalista Hábitat vén de emitir despois da avaliación realizada polas praias do país trala aparición de numerosas aves, petroleadas. Porén, a resposta das administracións está sendo nula, e non hai nin un só comunicado nin balance da situación por parte dos organismos da Xunta.

Deste xeito, entidades como ADEGA ou a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) lamentan “o silencio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acerca da mortalidade de aves mariñas”, e piden que se estudie o asunto e que se “revise o plan de continxencia por contaminación mariña para poder evitar futuros sentinazos”, deixando caer que a limpeza dos tanques dalgun buque preto da costa galega puido ser a causa deste episodio.

De feito, analizando as substancias vertidas que se detectan nas aves recollidas, obsérvanse 3 tipos: unha substancia sólida branca similar á parafina ou a un produto químico, unha substancia oleosa alaranxada e fuel negro. <

Así, lembrando o acontecido no Prestige e a realidade do Corredor de Fisterra por onde pasan preto de 40.000 barcos anuais, piden á Xunta “que se publique a información que poida obrar en mans da Consellería sobre a localización e a extensión da mancha ou manchas desta sustancia contaminante”. Pero tamén esixen que “que se informe sobre o número de aves que están a ser atendidas nos Centros de Recuperación dependentes de dita Consellería”.

Máis de 200 aves petroleadas

Arao papagaio atopado morto na praia de Louro-Foto Pablo Covelo Cemma
Arao papagaio atopado morto na praia de Louro-Foto Pablo Covelo / Cemma

O informe de Hábitat, realizado gracias a ducias de voluntarios que saíron ás praias esta fin de semana, recolle a morte dunhas 200 aves na Costa galega (sendo o 90% araos papagaios. Entre elas, gracias a colaboradores como J.M. Pérez Veres, Charo Martínez, José Armesto, Hanna Brufors, María Canedo ou Luís Amor, atopáronse os seguintes exemplares manchados nas nosas praias:

  • Un arao dos cons na praia grande Malpica.
  • Un arao carolo e un arao dos cons na praia de Barizo (Malpica).
  • Un arao dos cons na praia de Beo (Malpica).
  • Unha gaviota escura, 2 araos dos cons e 8 araos papagaios na praia de Quilmas (Carnota).
  • 2 araos papagaios na praia de Caldebarcos (Carnota).
  • Un arao dos cons na praia de Riás (Malpica).
  • 9 exemplares nas praias de Muros.
  • 10 exemplares nas praias de Muxía.
  • 2 exemplares nas praias de Fisterra.
  • 1 exemplar na praia de Corcubión.
  • 1 exemplar na praia de Laxe.

Lembran, en todo caso, que “o número de aves afectadas tende a aumentar e chama a atención sobre a aparición de aves manchadas ou impregnadas con fuel tamén nas costas de Asturias e Portugal. Alén disto, hai que ter en conta que só o entre o 10 e o 20% das aves afectadas por este tipo de vertidos abeiran en terra, polo que o vertido ou “sentinazo” podería ter afectado a milleiros de aves mariñas, especialmente, ao arao papagaio, cuxas baixas totais se estiman nunhas 2000”.

Exemplar petroleado vivo atopado en Louro-foto-Manuel Maria Candamo
Exemplar petroleado vivo atopado en Louro-foto-Manuel Maria Candamo

Novas relacionadas

Comentarios