mércores. 28.05.2025
El tiempo

Os armadores de artes menores esixen democraticamente novas medidas tralo peche da pescada

Os armadores de artes menores esixen democraticamente novas medidas tralo peche da pescada

Este pasado 14 de maio tivo lugar unha importante Asemblea de armadores e pescadores das Artes Menores de Galicia, organizada por ASOAR-ARMEGA, na que se abordou a complicada situación desta flota tras o peche da pesquería da pescada e as posibles solución inmediatas. Á cita asistiu unha das mans responsables do sector en España, a Secretaria General do Mar, Alicia Villauríz, quen recolliu de primeira man os prantexamentos realizados directamente dende o sector.

Desde a ASOAR-ARMEGA, unha das entidades máis activas e influínte nas altas esferas do sector, con sede en Corcubión, consideran "moi positivo o encontro, mais por ser esta unha forma clara e transparente na que os propios afectados poden transmitir as súas queixas, protestas e inquietudes directamente a Administración e particularmente a quen se encargan de propiciar os métodos de xestión e regulación da pesca, neste caso concreto foi a propia Secretaria General do Mar".

Para a ASOAR, esta clase de encontros poden ser unha "fórmula democrática na que todos as partes implicadas poden adoptar acordos co consenso dos propios afectados". A unión do sector é fundamental ao seu parecer, e nese camiño seguen traballando.

Medidas, aceptadas

Neste caso urxía a necesidade de establecer medidas que paliasen de inmediato a situación que está a atravesar a flota pesqueira artesanal galega, coa fin de que as embarcacións dedicadas a pesca da merluza poideran renaudar a súa actividade canto antes.

De feito chegouse ao acordo unánime de solicitar un trasvase ou adianto de 40 toneladas da cota da merluza correspondente ao 4º trimestre para que estas embarcacións poidan seguir faenando no que queda de trimestre, e ao mesmo tempo realizar unha distribución dese adianto por buque e semana de 120 kg, coa fin de que a pesquería poida manterse aberta ata finalizar este trimestre.

A Secretaria General do Mar aceptou esta proposta e trasladou que en canto tivera as peticións do sector enriba da mesa, sobre o adianto da cota da merluza, de inmediato procedería a reabrir a pesquería.

Máis propostas

Na asamblea fixéronse ademais varios prantexamentos futuros para unha mellora da xestión da pesquería da pescada:

  • O primeiro pasa por facer unha petición a Comisión Europea de Pesca de excluír á pesca artesanal da acatación de cotas de pesca, entendendo que se trata ésta de unha pesca sostenible capaz de autorregularse en función do estado dos recursos, e sabendo de antemán que esta flota non participou no plan de recuperación da merluza sur dende o seu inicio e por tanto da sobrexplotación do caladoiro.
  • Nembargantes e mentres esta petición non sexa aceptada entendemos que a flota de artes menores debería participar das mesmas medidas económicas que se teñen implantado para compensar as paradas biolóxica, que outras flotas si teñen recibido anualmente por paralización temporal da actividade, pois non parece xusto que a flota artesanal teña que parar a consecuencia do peche da pesquería da merluza e non reciba ningunha compensación por dita parada, mentres que outras flotas si as están percibindo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da ASOAR - ARMEGA.

Comentarios