Venres. 26.04.2024
El tiempo

Esgotada a pescada, o sector da pesca artesanal ten que volver parar

Esgotada a pescada, o sector da pesca artesanal ten que volver parar

O sector de artes menores dedicado a captura de pescada ten que parar a súa actividade, unha vez máis, a causa do peche desta pesquería a partires de hoxe martes 10 de maio ás 00:00 horas, tras esgotarse a cota de pescada asignada para esta modalidade de pesca neste 2º trimestre.

Ante esta situación, ASOAR-ARMEGA quere facer patente a delicada situación da pesquería de artes menores. Unha vez que flota galega de artes menores ten asignados para cada un dos trimestres anuais uns 170.000 kilos de pescada, o 9,96% do total asignado a España pola UE, cantidade que parece insuficiente, tendo en conta que nos dous primeiros trimestres do ano 2011 foi consumida ás poucas semanas.

Vai máis aló a ASOAR e vaticina que "a situación parece complicarse en vindeiras datas xa que se prevé que a veda do polbo se estableza entre o 27 de maio e o 4 de xullo, tendo en conta ademáis que especies como a centola e a nécora tamén se encontran vedadas, e que outras como a xarda teñen prohibida a súa captura por esgotamento do TAC".

Parada obrigatoria

Este panorama presúmese desalentador para o sector das artes menores, no que as embarcacións se encontran con que a maioría dos recursos pesqueiros obxectivo das distintas artes de pesca que esta flota utiliza non se poden explotar por mor do esgotamento das cotas e das vedas.
Pero vámonos a atopar nos vindeiros meses con que a situación vai empeorar, pois teremos entre 700 ou 800 embarcacións que habitualmente se dedican o polbo, e que durante a veda temporal da especie dirixían a súa actividade cara a captura doutras especies, que deberán cesar na súa actividade, pois non vai haber posibilidade de utilizar outras artes xa que a maioría van dirixidas a captura de especies restrinxidas, mentres que aquelas que poidan capturar van a resultar moi pouco rentables tendo en conta a cantidade de embarcacións que se van a dedicar a súa captura co conseguinte e estrepitoso descenso de prezos e a sobreexplotación de esas outras pesquerías (moitas delas suxeitas a TACs e que periga o seu consumo inminente: xurelo, bertorella, …), situación que abocará a esta flota a paralizar a actividade pesqueira coas consecuentes perdas económicas e o aumento do paro no sector do mar.

Xa se prevía

Sen embargo esta situación víase vir, por elo, no seu momento ASOAR-ARMEGA reivindicaba a necesidade de establecer unha parada biolóxica para o polbo, que cando menos serviría para paliar esta difícil situación. Máis estas reivindicacións pareceron desmesuradas para a Consellería do Mar negando rotundamente o establecemento de paro biolóxico, sen nen sequera pararse a analizar a situación.

Así denuncian que parece dárselle maior importancia e favorecer a flotas de tipo industrial buscando solucións e asumindo medidas cando a situación o require, mentres que a flota artesanal está a ser olvidada cando se atopa en similar ou peor situación, feito que parece contradicir incluso a propia Comisión Europea de Pesca que pretende apostar pola flota artesanal. Por elo instamos á Consellería do Mar, que ao igual que ten feito con outras flotas, amose o seu apoio a flota artesanal galega e adopte medidas ante tan difícil situación.

Igualdade

Desde a Entidade consideran que "todas as flotas deben ter a mesma consideración e resulta inxusto e ilóxico que se atenda sempre as peticións de outras flotas, deixando atrás as demandas do sector artesán do mar".

Por elo asrguran que "o sector artesanal necesita de medidas urxentes e de aplicación inmediata que poidan enmendar, na medida do posible, o escenario que se plantexa".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da ASOAR - ARMEGA.

Comentarios