Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os axentes forestais critican, un ano máis, a falta de prevención

Os axentes forestais critican, un ano máis, a falta de prevención
Unha foto dun incendio en Laxe-Foto-Jose Manuel Ojen

Cada ano pasa o mesmo. Chegamos ao verán e non houbo un só axente forestal facendo prevención polos montes galegos. Xa o ano pasado denunciaban que a Xunta gastou no lume do Monte Pindo 14 veces máis do que invertira anteriormente, polo que ou é que se entende o lume como un negocio, ou non hai máis explicacións.

En todo caso, hoxe é a propia Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA) a que “lamenta que a política da Xunta de Galicia contra os incendios forestais se basee un ano máis na improvisación, sen ter un dispositivo ben dimensionado, organizado e capaz de atender todas as incidencias que se están presentando xa”.

APRAFOGA afirma que o Goberno autonómico “segue sen facer os deberes mentres os incendios devastan xa os montes galegos e continúan as previsións de altas temperaturas e ventos desecantes”. Este colectivo de profesionais explica que o dispositivo contra os incendios está “diminuído, sen que se cubran as xubilacións, as baixas e as vacantes”.

Ademais, APRAFOGA advirte de que a Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural non utiliza criterios técnicos para establecer a quenda de gardas dos profesionais responsables do servizo de extinción. Tal como poñen de manifesto, a Consellería usa “uns criterios claramente políticos, posto que unha semana antes das pasadas eleccións, con xornadas de temperaturas baixas e incluso algunhas precipitacións, impúxose un período de gardas innecesarias desde o punto de vista técnico”.

Así as cousas, os responsables de dirixir a extinción do 99 % dos lumes de Galicia teñen xa esgotados os períodos de gardas extraordinarias fóra da época estival.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios