Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Os camións da Autovía paran

Os camións da Autovía paran

Malia que Xunta asegura que a Autovía rematará nos prazos establecidos (rematar o treito entre Carballo e Berdoias no 2013), o BNG de Bergantiños insiste en denunciar a parálise das obras. I é que estes días a maquinaria está parada dende este venres 13 de abril, e mesmo hai algunha que está a ser retirada da zona, como nos contrasta o lector Braulio García dende a zona de Zas na estrada de Santiago. Braulio afirman que pasaron alo menos "10 camións con palas e outras maquina".

O BNG denuncia que "as obras da autovía da Costa da Morte están totalmente paralizadas, descoñecendo totalmente os propios traballadores cando poderán reanudarse as obras".
Pola súa banda a Xunta afirma que dado o bo tempo, as obras avanzaron máis do previsto e a empresa, coas dificultades financieiras habituais nos tempos que corren, teñen que adecuar a marcha das obras á súa estabilidade económica.

Agora, a UTE formada por Taboada y Ramos, Copasa, CRC e Covsa, segue na procura de financiamento para retomar as obras, "sendo ela como empresa adxudicataria a que marca os prazos", segundo apunta a Xunta.

O BNG asegurou que presentará unha iniciativa no Parlamento Galego preguntando pola parálise.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.
Comentarios