sábado. 24.05.2025
El tiempo

Os emigrantes retornados da Costa da Morte manifestaranse en Madrid

Os emigrantes retornados da Costa da Morte manifestaranse en Madrid
Emigrantes retornados Galegos en Madrid

Non paran. A pesar das teóricas boas novas que coñeciamos esta semana, a Asociación AJAE, Emigrantes Retornados da Costa da Morte, estará presente na manifestación de Madrid do vindeiro día 10 de decembro ás 10 da mañá con saída en Porta do Sol cara ao Ministerio de Facenda.

Unha manifestación convocada pola Asociación Nacional de Emigrantes con sé en Madrid e polas Plataformas Galegas de Costa da Morte, Morrazo e Ulla-Umia, ademais da Asociación Andaluza de Emigrantes Retornados e outras de distintas comunidades. E informan de que desde Galicia sairán autobuses de diferentes puntos o xoves día 9 ás 21.00 horas, para os que podedes informarvos nos teléfonos 607684092 e 670519533 (só mañás).

Pequena vitoria pero máis peticións

E de paso, lembran a recente “pequena vitoria”, pois a partir de xaneiro Facenda deixará de interpoñer sancións e intereses de demora e ademais procederá á devolución das xa interpostas. A día de hoxe seguen executando bloqueos nas contas das persoas afectadas que non pagaron as sancións no prazo solicitado.

Pero non quedan aí as peticións dos afectados:

  • A non execución con carácter retroactivo dos impostos que non se pagaron por falta de información como xa quedou demostrado e así o confirman desde o Ministerio de Facenda ao retirar os intereses de demora e as sancións.
  • A retirada da lei 35/2006 en función da cal si tes dous pagadores e superas os 11.200 euros estás obrigado a realizar a declaración da renda. Isto prexudica en maior grado aos emigrantes retornados xa que reciben as súas pensións a través de dúas pagadores (algúns con pensións estranxeiras non superiores a 100 euros)
  • A igualdade nos grados de incapacidades a nivel europeo , actualmente cada país concede os seus a moitos emigrantes redúceselles o grado ao chegar a España, polo que se ven obrigados a tributar aínda que no país de orixe se lles eximía diso.
  • A igualdade á hora tributar (IRPF) con respecto aos pensionistas nacionais , no programa Pai prexudícase aos pensionistas emigrantes retornados xa que non se considera os seus ingresos como pensión senón como outra renda e non se benefician dos tipos de tributación especiais para pensionistas. Isto foi recoñecido polo director da Axencia Tributaria, Ulpiano Villanueva.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios