Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os gandeiros piden sancionar a quen venda leite por debaixo do prezo de mercado

Os gandeiros piden sancionar a quen venda leite por debaixo do prezo de mercado
Camion leche Rio Nunha rolda de prensa conxunta, Unións Agrarias e a Unión Leiteira Galega admitiron este luns que agora "cada gandeiro vai poder producir o que queira, sempre quen teña que lle recolla". Son palabras de Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, quen mostrou tamén as súas "dúbidas de que toda a leite se recolla a prezo de mercado". O sindicato reclama á Administración que controle a recollida de leite, e aos propios produtores que non vendan por debaixo do prezo de custe. Outra medida que debería tomar a Xunta, na súa opinión, serían "sancións" aos comercios que ofertan o leite por debaixo do prezo de mercado, como produtor reclamo para atraer clientes. Cómpre lembrar que sindicatos e industria están arestora a negociar o novo modelo de contrato leiteiro. Está previsto que se chegue a un acordo nun prazo de dúas semanas. Mediante este acordo, os gandeiros teñen garantido un prezo mínimo durante un período determinado de tempo. Segundo denunciou recentemente AGE, os gandeiros de leite de Galicia reciben o prezo máis baixo no mercado. AGACA, que agrupa as cooperativas gandeiras, relanzou publicamente o mes pasado a idea de formar un grupo leiteiro galego con investimentos dos propios produtores, pero polo de agora a Xunta non se pronunciou sobre esta vella aspiración do sector.

Fonte

Comentarios