xoves. 01.05.2025
El tiempo

Patacas solidarias de Coristanco

Patacas solidarias de Coristanco
Patacas solidarias de Coristanco Patacas solidarias de Coristanco

Apenas quedan 10 días para a Festa da Pataca e a pesar de que o Concello de Coristanco, aínda tremendo tralo tsunami do cambio de goberno, non deu a coñecer o progama, a sociedade si que se está mobilizando. De feito, foron moitos os veciños produtores que volveron facer gala da súa solidariedade, facendo unha doazón a varias entidades que colaboran coas persoas máis necesidades.

Foi Manuel Maio o encargado de facer entrega en varios puntos, como o Cotolengo de Santiago, de varios sacos de patacas coristqnquesas. “Satisfeito e orgulloso do seu pobo”, Maio sinalou que “Este pequeno xesto de varias familias concretouse en todo un camión con moitos quilos de patacas que chegaron a moitas despensas de persoas necesitadas. Para min, este xa é un fermoso inicio das nosas festas o próximo fin de semana”, engade o parroco, que destacou que do mesmo xeito a colecta da misa da festa da Pataca destinarase tamén a fins sociais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanaocsta.com).

Comentarios