Luns. 06.12.2021
El tiempo

O Patróns Maiores trasladarán ao Ministerio o claro rexeitamento do sector ao Regulamento de Control de Pesca

As lanchas dos percebeiros tamén terán que instalar as novas ferramentas de control. Foto: José María Ojén.
O Patróns Maiores trasladarán ao Ministerio o claro rexeitamento do sector ao Regulamento de Control de Pesca

Este vindeiro día 23, a Federación Galega de Confrarías vén de conseguir unha reunión entre o Ministerio de Transición Ecolóxica e todos os patróns maiores de Galicia. Unha reunión para falar claro sobre o novo regulamento de control de pesca que obriga a todas as embarcacións, incluso as máis pequenas da pesca artesanal ou marisqueo, a instalar unha cámara e un xeolocalizador a bordo.

Tralas manifestacións realizadas durante o primeiro semestre, o sector leva o verán sen demasiadas protestas, pero ten necesidade de retomar o asunto unha vez que dende a Xunta apenas ten sido escoitado.

Os argumentos están claros: “Somos un sector tremendamente controlado xa. Non estamos en contra do control, que ten que habelo e nós tamén queremos que haia para asegurar un futuro digno para a nosa profesión. Pero non somos criminais, e en embarcacións pequenas non temos recursos para instalar esas ferramentas que obriga o regulamento”, sinala o patrón maior de Corme, o percebeiro Roberto Vidal.

O cormelán, patrón máis novo de Galicia será unha das voces do sector, representando ademais ao futuro da profesión.

Novas relacionadas

comentarios