Martes. 23.04.2024
El tiempo

A pesca artesanal sae en bloque en contra do novo Regulamento Europeo de Control

  • ”Somos pescadores, non delincuentes” foi un dos lemas máis utilizados polo sector.
Folga do mar en Corme 1
Folga do sector do mar en Corme
A pesca artesanal sae en bloque en contra do novo Regulamento Europeo de Control

Lonxas pechadas, barcos nas ensenadas facendo soar as bocinas, mariscadores de a pé nos peiraos con pancartas… Así se desenvolveu un novo parón, unha nova folga do sector da pesca artesanal na Costa da Morte, e en toda Galicia, en contra do novo Regulamento de Control Europeo de Pesca.

Todas as confrarías da zona (agás a de Corcubión, onde onde todos os barcos volveron acordar, como na folga de abril, por unanimidade non facer paro) paralizaron a súa actividade, en protesta polas novas obrigas de control que a EU quere instaurar nas pequenas embarcacións de baixura, tratadas coma se fosen grandes buques de altura.

A frota costeira considera que xa está de sobra controlada, e que a instalación de videocámaras, un diario electrónico de abordo e un sistema de xeolocalización son excesivos e mesmo incompatibles coa actividade. Todo para unhas artes que xa son moi selectivas, non como a pesca industrial, e precisamente por aí intenta a Federación de Confrarías, e grupos como o BNG, facer entender en Europa a diferencia entre pesca artesanal e pesca industrial.
“Consideramos moi lesivo ese regulamento”, denunciou hoxe a voceira do BNG en Europa Ana Miranda, lembrando que PP e o PSOE votaron a favor da súa aprobación. “Desde o BNG queremos que a frota artesanal galega sexa excluída do regulamento de pesca”, manifestou Miranda.

Na meirande parte da comarca o seguemento foi completo. Peiraos como Malpica ou Muros enchéronse de barcos que fixeron soar as bocinas por toda a vila. Noutros como Camelle, Fisterra, Muxía ou Corme a actividade realzouse en terra, con concentracións importantes.

”Somos pescadores, non delincuentes” foi un dos lemas máis utilizados polo sector.

Folga da pesca artesanal en Camelle
Concentración en CamelleFolga da pesca artesanal en Corme 2
Concentración en CormeFolga da pesca artesanal en Fisterra
Concentración en FisterraFolga da pesca artesanal en Muxia
Concentración en Muxía

Folga da pesca artesanal en Malpica
Concentración en MalpicaFolga da pesca artesanal en Muros
Concentración en Muros

Novas relacionadas

OUTRAS NOVAS

Comentarios