Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Pechamos a semana de #DirectosQPC coa socióloga especializada en xénero, Patricia Vaquero

Falaremos con Patricia Vaquero mañá venres ás 15:00 nos #DirectosQPC que poderedes seguir a través da nosa páxina de Facebook.
Patricia Vaquero estará nos #DirectosQPC mañá venres ás 15:00, entrevista que poderedes seguir a través da nosa páxina de Facebook.
Pechamos a semana de #DirectosQPC coa socióloga especializada en xénero, Patricia Vaquero

Semella que os #DirectosQPC van tomando forma pouco a pouco. Esta semana tivemos o pracer de contar coa presenza en directo na páxina de Facebook de Que pasa na Costa co colexiado Marcos Ordóñez, co alcalde de Santa Comba, David Barbeira e a alcaldesa, Sandra Insua, ademais da comunidade educativa do IES de Baio, cos que fixemos unha orientación universitaria.

Deste xeito, tras unha intesa xornada de conversas en directo de diferentes índoles, pechamos a semana cun novo directo ás 15:00 horas coa socióloga especializada en xénero, consultora e formadora en igualdade, Patricia Vaquero, quen está levando a cabo unha análise para medir o impacto que ten o Covid-19 na igualdade de xénero na Costa da Morte. Da man de Paula Castiñeira, falaremos con ela para que nos explique de onde xorde esta iniciativa, como a está levando a cabo e cales son esas consecuencias que se derivan desta crise dende a perspectiva de xénero. Uns datos nos que nos iremos adentrando e que iremos esmiuzando pouco a pouco tamén en vindeiras retransmisións.

Para todas aquelas mulleres costeiras que queiran ser partícipes deste estudo, poden contestar ao cuestionario que está dispoñible na páxina web de nosigualdade.com, cuxas respostas son totalmente anónimas.

VER AS ENTREVISTAS FEITAS NOS #DIRECTOSQPC

Comentarios