Xoves. 28.03.2024
El tiempo

David Barbeira: "Imos ir máis alá de dar 1.000€ aos autónomos. Iso vale moito pero non é suficiente"

David Barbeira: "Imos ir máis alá de dar 1.000€ aos autónomos. Iso vale moito pero non é suficiente"

Este martes comezamos unha rolda de alcaldes e alcaldesa nos #DirectosQPC, cos que pretendemos fixar unha programación cada día ás 15:00h. Hoxe, en todo caso, non puido sen en directo por problemas técnicos (ou de incompatibilidades momentáneas entre Zoom e FB Live…).

Unha rolda que pretende abrir a mirada cara o futuro inmediato, unha vez que parece que o máis grave desta crise sanitaria xa está pasando, quedando agora unha tremenda lousa en materia económica. E queremos saber que plans teñen os concellos para axudar a recuperar os pequenos comercios e bares, aos autónomos, ás empresas… eses entes que dan vida aos nosos pobos.

Falamos con David Barbeira, que vai cumplir dentro de pouco o primeiro ano na alcaldía do Concello de Santa Comba, despois da súa primeira aparición nas listas e a súa investidura apoiado polos edís do grupo socialista.

Barbeira fixo un repaso pola crise sanitaria e actualizou os datos da incidencia a día de hoxe; explicou por que fixo aquela crítica as administracións superiores por non trasladarlle información aos concellos; loubo a labor dos seus técnicos municipais que fan de Santa Comba un concello pioneiro en comunicación dixital coa veciñanza; e repasou as posturas municipais ante a falta de responsabilidade das empresas de telefonía coas aldeas incomunicadas, así como das empresas eólicas que chegan e pretenden arrasar a zona e aos veciños.

Destacou que as medidas que o Concello está estudiando para paliar a crise son máis ambiciosas que “os 1.000€ que van dar outros concellos”, e que están traballando para elaborar uns novos orzamentos e para convocar un novo pleno a vindeira semana.

Condonar o PAI

Outra das medidas que avanzou foi a petición de Liberalizar o Plan de Aforro e Investimentos (PAI) concedido pola Deputación da Coruña dende o ano 2015. Eses fondos destinados a implantar plans de axudas aos sectores afectados pola crise económica que está comezando e que entre todas as administracións debemos colaborar na solución.

Comentarios