Venres. 03.02.2023
El tiempo

É o Conde de Traba antepasado dos Reis de España?

  • O autores do Camiño do Conde buscan especialistas en xenealoxía para corroborar a súa hipótese sobre Pedro Froilaz de Traba.
A tumba de Pedro Froilaz de Traba atópase na Capela dos Reises da Catedral de Santiago
A tumba de Pedro Froilaz de Traba atópase na Capela dos Reises da Catedral de Santiago
É o Conde de Traba antepasado dos Reis de España?
Segue descubrindo O Camiño do Conde o seu potencial histórico. O novo sendeiro que vertebra a Costa da Morte facendo unha hipotética volta polo interior ao Camiño dos Faros, está comezando a descubrir boa parte das bases históricas que dan sentido a esta senda.

A través das redes sociais van falando da conquista romana do FinisTerra, o comezo do mundo; ou do naufraxio da segunda Armada Invencible nas costas de Fisterra.

E unha das súas primeiras “bombas” históricas necesita da comprobación dos especialistas en historia. Tras realizar unha compleza árbore xenealóxica, os trasnos consideran que “Pedro Froilaz de Traba é ascendiente directo dos principais personaxes da Idade Media (os Castro, os Condes de Altamira, os Condes de Lemos, os Reis Católicos...), chegando mesmo ata a actualidade, sendo o Rey Felipe VI de España descendente directo do Conde de Traba”.

Os promotores debullan a historia de poder do Conde de Traba e da familia Froilaz-Traba durante os séculos XI e XII, pero buscan confirmación da súa hipótese con especialistas en Xenealoxia.

 

Os promotores, os mesmos [email protected] do Camiño dos Faros, propoñen este vídeo sobre o Reino de Galiciam como introdución ao propio Camiño do Conde, dando conta da importancia da comarca na época medieval:

Novas relacionadas

comentarios