O PEL Emprende permite 60 contratacións na Costa da Morte

Xa leva preto de 2.700 empregos directos creados na provincia da Coruña o programa PEL Emprende. Un programa da Deputaciñon que tamén beneficia a ducias de traballadores e empresas da Costa da Morte. Este 2019 a Deputación recibiu máis de 60 solicitudes da Costa da Morte de axudas para financiar o 75% do salario dos traballadores e traballadoras durante un ano, sendo ademais, 72% dos contratos indefinidos e o 93% benefician a colectivos con especiais dificultades de inserción laboral.
Como anunciou o presidente Valentín González Formoso, a Deputación vén de conceder preto dos 700.000 nas nosas comarcas, para a creación ou afianzamento de case 60 postos de traballo.
“Os nosos obxectivos son fomentar a creación de emprego estable e de calidade, especialmente nos concellos máis pequenos e rurais da provincia, axudar a fixar poboación e apoiar a inserción laboral das persoas con maiores dificultades para atopar un emprego”, afirmou o presidente provincial González Formoso, que destacou que destas 173 axudas concedidas, preto do 72% (124) realizaranse na modalidade de contratación indefinida e que o 93% (161 contratos) correspoden a colectivos coma parados de longa duración, maiores de 45 anos ou menores de 30, mulleres ou persoas con discapacidade.
En canto á distribución das axudas por concellos, é de destacar que todas as empresas e autómomos/as beneficiarios son de concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Destacan como concellos cun maior número de solicitudes concedidas os seguintes: Santa Comba (13), Mazaricos (9), Zas (7), Cee (6), Camariñas (4), Corcubión (4), Laxe (4).
PEL- PEMES AXUDAS CONCEDIDAS POR CONCELLO NO QUE SE UBICA A EMPRESA E IMPORTES CONCEDIDOS
CONCELLO |
CONTRATOS |
IMPORTE CONCEDIDO |
|
||
CABANA DE BERGANTIÑOS |
2 |
28.500,00 € |
CAMARIÑAS |
4 |
50.817,78 € |
CEE |
6 |
77.330,43 € |
CORCUBIÓN |
4 |
54.000,00 € |
DUMBRÍA |
3 |
35.250,00 € |
FISTERRA |
3 |
32.573,14 € |
LAXE |
4 |
58.486,02 € |
MALPICA DE BERGANTIÑOS |
1 |
13.500,00 € |
MAZARICOS |
9 |
124.924,50 € |
MUROS |
2 |
31.402,59 € |
MUXÍA |
1 |
6.300,00 € |
SANTA COMBA |
13 |
157.500,00 € |
VIMIANZO |
2 |
27.000,00 € |
ZAS |
7 |
88.167,30 € |
PEL- PEMES AXUDAS CONCEDIDAS POR COMARCAS
COMARCA |
Nº SOLICITUDES |
IMPORTE CONCEDIDO |
Bergantiños |
7 |
100.486,02 € |
Fisterra |
17 |
205.453,57 € |
Muros |
2 |
31.402,59 € |
Terra de Soneira |
13 |
165.985,08 € |
Xallas |
22 |
282.424,50 € |