Martes. 05.11.2024
El tiempo

Pensado Plágaro presidiu o primeiro pleno da nova etapa municipal de Coristanco

Pensado Plágaro presidiu o primeiro pleno da nova etapa municipal de Coristanco
Pensado Plagaro xa exerceu na Festa da Pataca Pensado Plágaro xa exerceu na Festa da Pataca Viñeta de Hermanager Humor sobre a moción de censura en Coristanco Viñeta de Hermanager Humor sobre a moción de censura en Coristanco

Non foi Abraham Gerpe, o novo alcalde de Coristanco, o que presidiu o primeiro pleno da nova etapa municipal trala esperpéntica moción de censura. Foi Antonio Pensado Plágaro, o ex alcalde popular e imputado por varios casos de prevaricación e malversación de fondos públicos, o que fixo de alcalde en funcións, debido a que Gerpe aínda estaba convalecente tras sufrir un accidente de tráfico a semana pasada.

Plágaro fai de alcalde en funcións como edil non adscrito, como os outros 5 edís que votaron a favor da moción de censura e aos que o PP lles abriu un expediente. Formado así o nvo goberno, un mes despois da moción, Plágaro é un dos 3 tenientes de alcaldes (os outros dous son tamén saídos PP) formando xunto co alcalde a Xunta de Goberno Local.

Plágaro criticó duramente a xestión de Lavandeira e anunciou, entre as grandes medidas, que “vai repoñer as faloras que cortou”.

Artigos relacionados

A historia da moción de censura de Coristanco

Máis novas da política municipal de Coristanco

Máis novas

Fonte

Comentarios