Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Petón do Lobo presenta alegacións ao proxecto das Directrices das Paisaxes

Petón do Lobo presenta alegacións ao proxecto das Directrices das Paisaxes
A asociación cultural e ambiental Petón do Lobo  vén de presentar ante a consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia as súas alegacións ao proxecto das Directrices da Paisaxe no que participaron varios técnicos da Costa da Morte a través dos talleres organizados en lugares como Zas, Corcubión ou Santa Comba. "Tanto taller e tanta asisitencia non serviu de nada", sinalan dende a entidade ambiental xa que un dos maiores problemas é que en áreas de Especial Interese Paisaxístico, como os Penedos de Traba e Pasala ou o val fluvial do río Lourido, "se permitan actividades extractivas a ceo aberto", puntualizan. O borrador das Directrices da Paisaxe está na fase de consulta pública ata o vindeiro 2 de marzo. "Chama poderosamente a atención que nun documento no que a participación pública supostamente foi decisiva para a súa elaboración ao igual que para a determinación dos criterios de calidade paisaxística e de determinación das directrices da paisaxe, se recolla a posiblidade de actividades extractivas naqueles espazos que polos seus valores paisaxísticos intrínsecos son obxecto de escolla por parte da cidadanía como merecedores de especial protección", recolle o texto presentado por Petón do Lobo ante a consellería. Tamén alegan que ningún participante nos diversos talleres organizados para a elaboración destas Directrices seleccionaría a minería como posibilidade a desenvolverse nunha área de Especial Interese Paisaxístico. Parques eólicos Segundo indican dende Petón do Lobo, este borrador das Directrices da Paisaxe non fai mención algunha aos impactos producidos polos parques eólicos nas zonas de Especial Interese Paisaxístico. Tamén denuncia que neste borrador non se fomenta o bosque autóctono. Por todos estes motivos, os representantes da entidade Petón do Lobo solitican que se teñan en conta as súas alegacións e, en consecuencia e que se faga unha revisión profunda do borrador para a súa adaptación ao cambio climático   Novas relacionadas Fonte

Comentarios