Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Piden un dominio puntogal para a web municipal de Coristanco

Piden un dominio puntogal para a web municipal de Coristanco
Concello de Coristanco-PuntoGal

Nós estamos a elo, pero o Concello de Coristanco, así como todos os da volta, xa podían ter adquirido o dominio "puntogal" para a web municipal. Non parece que as prioridades vaian por ese camiño e o BNG local, despois de preguntar pola renovación da páxina web e os custes de mantemento, lamenta que o Concello non tivera solicitado xa, como fixo o de Carballo ou o de Ponteceso (ben é certo que non hai moitos máis pola volta), o seu dominio galego.

Así, o BNG rexistrou na data de onte unha solicitude no Concello de Coristanco para demandar que tamén o noso concello estea na rede con denominación de orixe .gal (por exemplo, e preferiblemente, baixo o dominio www.coristanco.gal, antes de que este sexa reservado por calquera outra persoa ou entidade)

Positiva renovación da páxina web municipal

Ten boas palabras, iso si, o BNG, e felicita pola renovación da páxina web municipal do Concello de Coristanco, “aínda que sexa con anos de atraso”, e despois de “estar en estado de abandono durante os últimos anos”. Por iso, tamén preguntou ao goberno municipal “as razóns falta de actualización de contidos na web durante os últimos anos, xa que entendemos que non foi responsabilidade da empresa senón do goberno municipal, tanto por non facilitar os contidos a publicar como por non facer seguimento do estado da web institucional, un exemplo máis (un de tantos) da incapacidade e ineficiencia do noso goberno local”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios