O Plan Único 2021 da Deputación deixará máis de 13 millóns na Costa da Morte
Os concellos da comarca teñen ata o día 5 de febreiro para presentar os proxectos nos que queren investir os fondos que a Deputación da Coruña á primeira achega do Plan Único (POS+2021). Ese Plan que modificou a estratexia de colaboración entre administración provincial e municipal, e que permite aos Concellos repartir as contías como mellor lle conveñan.
Para este 2021, a Deputación pon enriba da mesa un total de 13,3 millóns de euros destinados aos 19 concellos que cubrimos da comarca. Os municipios da área recibirán entre os 200.000€ de Corcubión e os 1,8 millóns de euros de Carballo.
Dos 13 milóns, case 3 serán destinados a gasto social derivado da pandemia. O resto será empregado no que decidan os gobernos municipais: obras, investimentos, gastos correntes, ou amortización de débeda.