Portugal degusta os produtos e disfruta da oferta lúdica da Costa da Morte
Unha nova Feira de turismo pola península e a Deputación leva unha completa demostración do poder da Costa da Morte. Ademais, a VI Feira Ibérica de Turismo (FIT) da Guarda é un perfecto escaparate para a nosa bisbarra, pois Portugal é un target ideal para atraer turistas. Un xeito, tamén de estreitar lazos co noso país irmán, pois a Deputación da Coruña é o destino convidado deste ano.
Desta volta, ademais de gastronomía, a nosa bisbarra terá presente algunhas das actividades máis singulares. Dende o pasado xoves leva xa unha completa expedición provincial na zona, comandanda polo deputado carballés Xosé Regueira (na foto de abaixo). “Alén do Turismo, para as galegas e galegos Portugal segue sendo algo así como o ‘noso propio Sul’, e desexamos que para os portugueses e portuguesas A Coruña chegue a ser tamén unha especie do ‘seu propio norte’”, destacou o responsábel da área de Turismo da Deputación coruñesa durante a inauguración da feira.
“Queremos que a FIT sexa ese espazo de encontro como destino atlántico, e que sexa tamén o punto de partida de multitude de camiños que leven futuro e progreso de Portugal á Coruña, e da Coruña á Portugal”, destacou.
Ademais de reputados chefs de "Coruña Cociña" como Chisco Jiménez ou Gonzalo Padín, a vangarda gastronómica galega estivo presente da man dos pinchos irmandiños cociñados por Jorge Guitián e Anna Mayer. Outra das estrellas da xornada inaugural foi o pan e a empanada de Carballo, que degustaron todos os asistentes con devoción.
Alén da gastronomía, a riqueza cultural e patrimonial tamén foi un dos recursos utilizados. Así, os Oleiros de Buño e as redeiras de Malpica amosaron aos presentes durante esta primeira a singularidade dos seus oficios.
O venres á tarde terá lugar a presentación do Asalto ao Castelo, esta singular cita histórica-festexeira que busca ser catalogada como Festa de Interese Turístico Galego.
O sábado continuarña a mostra en vivo da olería de Buño así como unha exhibición do traballo das palilleiras de Camariñas. Durante esta xornada tamén está prevista a presentación do Grand Trail da Costa da Morte, a actuación musical itinerante, a famosa Batucada do concello de Laxe.
Redeiras de Malpica na FIT
Pan de Carballo na FIT