Martes. 17.09.2019
El tiempo

Vimianzo volverá intentar a declaración do Asalto ao Castelo como Festa de interese turístico de Galicia

Vimianzo volverá intentar a declaración do Asalto ao Castelo como Festa de interese turístico de Galicia

Xa se intentou en 2013, pero daquela os Irmandiños atopáronse coa negativa da Xunta.Agora, o Concello de Vimianzo volverá ao vindeiro pleno ordinario, que se desenvolverá o venres 29 de marzo, a solicitude de declaración do Asalto ao Castelo como Festa de interese turístico de Galicia.

Ten xa preparada unha completísima memoria que recolle a historia desta festa, que comezaba o 5 de xullo de 1996. Unha memoria que percorre as 23 edicións desta festa que ten a gran singularidade da súa representación histórica, tan espectacularmente traballada pola veciñanza, demostrando así que é unha festa popular tremendamente arrigada que serve para ensalzar o asociacionismo, a colaboración veciñal e o traballo desinteresado de moitas persoas.

Esperan o apoio de todos os grupos para, previa aprobación polo Pleno, remitir a proposta á Axencia de Turismo de Galicia.

Novas relacionadas

Comentarios