xoves. 09.04.2026
El tiempo

Postmarea: Os colectivos medioambientais costeiros toman o Toural

PostMarea accion medioambiental en Santiago
Postmarea: Os colectivos medioambientais costeiros toman o Toural

Varios colectivos medioambientais da Costa da Morte e do litoral galego preparan unha invasión performativa da capital do país. Este sábado 11 de abril realizarán unha acción reivindicativa na Praza do Toural (Santiago de Compostela). Baixo o lema "PostMarea", a proposta busca visibilizar o impacto do lixo mariño nas nosas costas a través dunha pasarela performativa con vestiario elaborado a partir de residuos recollidos no litoral.
A xornada incluirá tamén charlas divulgativas, música e mostra de materiais, combinando arte, ecoloxía e participación cidadá nunha acción colectiva de sensibilización.

A camellá Mar de Fábula, forma parte do comité organizador cxunto con NoiaLimpa, Retoque Retro e LimpiArousa, pero tamén participa o Colectivo Carnota, ademais da Escuela de Surf ILINX, Surf School Corrubedo GRIP, Surfrider Foundation, Proxecto aMARte, ADEGA e Colectivo ALBA.

A mestra de cerimonias será a actriz Isabel Risco e as cantigas tradicionais de Vane Bolboretiña amenizarán a xornada.
A actividade é aberta ao público e de balde, convidando á cidadanía a achegarse e formar parte desta acción colectiva.

Comentarios