Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PP comarcal critica que o cambio na Lei de Costas suporá unha perda de empregos na Costa da Morte

Reunion do PP da Costa da Morte en Camarinas
Reunión do PP comarcal en Camariñas
O PP comarcal critica que o cambio na Lei de Costas suporá unha perda de empregos na Costa da Morte

Celebraba unha reunión este pasado mércores o PP comarcal. Alcaldes e voceiros dos partidos xudiciais de Carballo e Corcubión achegáronse a Camariñas para afondar nun asunto: o novo cambio na Lei de Costas. Foi claro o vicesecretario de Organización e Territorio do Partido Popular na provincia da Coruña, Evaristo Ben, que responsabilizou hoxe aos alcaldes socialistas da Costa da Morte da perda de postos de traballo que provocará o cambio normativo, “demostrando non coñecer as necesidades nin de Galicia, nin desta comarca en relación á realidade histórica e socioeconómica do sector da pesca, a acuicultura e o marisqueo”.

Os voceiros entende a preocupación que sofren os sectores produtivos afectados dado que se pretende introducir unha serie de preceptos novos que amparan algunhas interpretacións moi restrictivas que se estaban facendo da lei de Costas, e se diseminan preceptos novos moi xenéricos e abstractos que recrudecen as esixencias medioambientais en claro detrimento das posibilidades de exercicio legíestafo e sostenible das actividades ligadas tradicionalmente ao mar de Galicia”.

Poñen un exemplo: “o borrador de novo Reglamento recorta drásticamente a prórroga extraordinaria das concesións de ocupación de dominio público marítimo terrestre, desvirtuando así o espíritu co que se creou esta figura na reforma da Lei de Costas de 2013”. “A lei reforza os requisitos necesarios para renovar as concesións e para obter prórrogas das actualmente existentes, o que prexudicará a numeresas empresas que traballan nos municipios costeros”, entenden dende o grupo popular.

Ben criticou que “os cambios previstos responden a unha aposta das autoridades de Costas por un litoral libre de actividade produtiva, o que supón optar por un uso preferentemente recreativo fronte aos usos produtivos tradicionalmente vinculados ao mar”.

Engaden ademais que “o más preocupante é que a mayoría de eses novos requisitos quedan nunha total indefinición”.

Comentarios