Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Os Premios PEL repartirán 75.000€ entre iniciativas empresariais emprendedoras

Gañadores dunha edición anterior dos PEL Emprende
Gañadores dunha edición anterior dos PEL Emprende
Os Premios PEL repartirán 75.000€ entre iniciativas empresariais emprendedoras

A Deputación da Coruña vén de anunciar a cuarta edición dos Premios PEL, enmarcados enmarcados dentro da liña PEL-EMPRENDE do Plan de Emprego Local. Serán 5 categorías entre as que se repartirán un total de 75.000 euros en premios destinados a pemes, microempresas, persoas profesionais autónomas, concellos e asociacións empresariais. A novidade deste á ano é a creación dun premio á mellor iniciativa innovadora na loita contra a COVID-19.

O prazo para presentar as candidaturas estará aberto desde este xoves 12 de novembro, ata o 8 de xaneiro.

As categorías serán:

  • Mellor iniciativa empresarial nova .
  • Mellor iniciativa empresarial consolidada.
  • Iniciativa innovadora na loita contra á COVID-19
  • Concello promotor do emprego de calidade.
  • Mellor asociación empresarial.

Requisitos para participar

Podes consultar as bases páxina web do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial. A participación será gratuíta e só poderá realizarse mediante o envío da documentación requirida nas bases de xeito telemático, a través da plataforma Subtel.

comentarios