Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha Proposición Non de Lei para que o Xabarín volva ser o referente cultural para a mocidade galega

Presentación da iniciativa popular Xabarín
Presentación da iniciativa popular Xabarín
Unha Proposición Non de Lei para que o Xabarín volva ser o referente cultural para a mocidade galega

15.000 sinaturas leva xa a recollida da Mesa de Normalización Lingüística pola volta do Xabarín á TVG. Ben é certo que nunca marchou, pero a súa presencia non é tan representativa para a mocidade de hoxe en día como o era para os que medramos nos anos 90 ou na primeira década do novo século.

A chispa volveu saltar a raíz da creación da conta de twitter @tvg_infantil_xa por parte dun pai vigués que lamentaba non ter contido audiovisual nin na rede nin na televisión que ofrecerlle ás súas criaturas.

Colleu o relevo, trala gran repercusión que tivo nas redes, A Mesa de Normalización Lingüística, que coa colleira de sinaturas vén de presentar unha Proposición Non de Lei (PNL) no Parlamento Galego, arroupada por un amplo espectro do sector cultural.

Foron dúas ducias de profesionais da cultura galega o que acompañaron a presentación desta PNL “Xabarín”, que pretende mellorar a programación infantil e xuvenil en galego da radio televisión pública galega, e obrigar á Xunta a manter unha canle Xabarín 24 horas, con contido atractivo, educativo, actual, en galego. Ademais, piden que se actualice a App do Xabarín Club para garantir o acceso a toda a poboación.

Apoios

Apoian esta IP as principais asociacións profesionais da cultura galega (AAAG, AELG, AGAG, AGEM, AGPI, AGPTI, Escena Galega, Músicas ao vivo e Asociación de Profisionais da Dobraxe); artistas de referencia para o público infantil e xuvenil como Fran Amil, Magín Blanco, Pepe Carreiro, Paco Cerdeira, Pablo Díaz, Gloria Mosquera ou Uxía Lambona e a Banda Molona; empresas da industria editorial, musical e das artes escénicas como Apiario, Baobab, Charlatana, Culturactiva, Editorial Galaxia ou Xerais; colectivos sociais como a Federación Galiza Cultura ou as ANPAS Galegas; e organizacións do ensino como Erguer, ANEGA, AS-PG, Nova Escola Galega, CIG Ensino, CSIF Ensino ou STEG.

A Mesa invita a todos os establecimentos interesados en recibir as follas de recollida de sinaturas que se poñan en contaco a través da web www.amesa.gal/xabarin.

Novas relacionadas

Comentarios