luns. 03.11.2025
El tiempo

1ª FUTGAL: Esteirana e Castriz respiran

Esteirana celebrando a primeira vitoria
Esteirana celebrando a primeira vitoria
1ª FUTGAL: Esteirana e Castriz respiran

Primeira vitoria da temporada da Esteirana e segunda do Castriz, que seguen pechando a táboa, pero máis preto de Muxía e Fisterra, volvendo ser unha semana máis os 4 equipos costeiros os que pechan a clasificación de 1ª.

Camariñas, Muxía e Fisterra volveron con derrotas claras. da ponte de Defuntos

Tordoia - Esteirana (0-1)

  • Esteirana: Guille, Kevin Rial, Godo, Aitor, Antón, Anxo, Pachi, Adrián Louro, Raúl, Toni, Oli. Tamén: Simón, Bieito, Pablo Rama, Uxío e Anxo Caamaño.
  • Gol: 0-1, m.25: Toni de volea pola escuadra dende 35 metros.

Vitoria fundamental para o equipo de Adán Vara, a primeira do curso. O equipo segue entrenando moi ben e ademais sumaba algunha alta como as de Oli, Simón, ou Pablo Rama, pero tamén faltaban os Pladur, Code… Importante a aportación de Oli, que este ano estaba adestrando pero sen xogar pola paternidade, pero animouse, e notouse moito no campo, polo que dá no xogo e pola veteranía que aporta.

Saíron moi firmes os blaugranas, decididos a ascar o balón dende atrás e por abaixo, sabedores de que a baixa estatura dos seus xogadores facíalle sufrir nos balóns aéreos. E así foi, coa pausa necesaria, os de Adán foron dominadores do balón, sen sufrir atrás e tendo algunha ocasión. Marcou Toni, un golazo fantástico dende 35 metros.

O equipo seguíu coa súa idea, e foron deixando pasar os minutos sen sufrir demasiado, nun campo como o antigo Gogullos, sumando unha vitoria importantísima, e pensando en comezar de novo a liga, coas altas a semana que vén de Code e Sui, que seguirán sumando recuperacións.

Queixas - Camariñas (5-2)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, Borja (Asier), Oliver, Pablo Suárez, David (Anxo), Moriño, Javi (Martín), Soule, Mário e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.4: Mario; 1-1, m.7: Kevin Naya; 2-1, m.20: Kevin Naya; 3-1, m.25: Michael Gestal; 3-2, m.49: Javi; 4-2, m.51: Javi Martínez; 5-2, m.6: Mateo Viqueira.
Queixas-Camarinas-Foto-Campana
Queixas-Camariñas na Revolta-Foto-Campaña

Saían ben os de Cabrejo e Faus ao campo de céspede natural da Revolta, e aos 4 minutos, nunha falta que saca Javi, marca Mario o 0-1. Pero pouco durou a alegría, por aos 3 minutos empata, e apenas 10 minutos despois, un tiro sin aparente perigo entra polo medio da portería para poñer o 2-1.
O Queixas abusaba do fútbol directo, e empregábase con moita forza para non permitir combinar aos camariñáns, que protestaron unha doble falta sobre Pablo e Soule, pero que acaba sendo a favor do Queixas e convertíndose no 3-1.

Pero non se viu abaixo aí o equipo, e buscou arriba, conscientes de que o resultado non reflexaba o que se vía no campo. Nunha xogada de Mario vaise por banda e poñe un pase a Javi para o 3-2 co que foron o descanso.

Saíron con todo os costeiros, pero moi pronto, nun saque de banda longo, os cercedenses fan o cuarto, e ese si que fai moito dano ao cadro visitante. A partir de aquí pouco se xogou.

Castriz - Calo (3-2)

  • Castriz: Íker, Fabián, Samu Castro, Saúl, Anxo, Marcos Mouro, Gesto, Adrián García, Pastoriza, Chapela e Juanjo. Tamén: Rodo, Alberto Mata, Carlos Rieiro e Fabio.
  • Goles: 1-0, m.17: Chapela; 1-1, m.22: Jonathan Vieites; 1-2, m.68: Braus Bures; 2-2, m.82: Carlos Rieiro a centro de Fabio Blanco; 3-2, m.92: en propia.

Partido de tolos, no que houbo de todo en San Pedro. O cadro de Miguel Chouza fixo un gran partido, xogando ben o balón, e acabou remontando no desconto, pero con xustiza. Comezaba o Castriz moi ben, pero na única chegada dos visitantes permitíalle empatar.

Aí chegaba a expulsión de Marcos Mella, irmán do deportivista David Mella. O equipo xalleiro seguían dominando, pero non acababan de atinar.

Comezaba a segunda, cos visitantes moi metidos atrás, pero ben agazapados. Chegaban as ocasións locais, pero sen acerto, e nun tiro lonxano, os santiagueses colocábanse 1-2. Volvían os medos de sempre.

Pero o equipo non se descompuxo e seguiu percutindo. Carlos Rieiro empataba e xa no desconto un balón colgado era introducido polos visitantes en propia para facer xustiza polo visto no campo.

Club do Mar - Muxia (2-0)

Fabian Sendon no Club do Mar-Muxia-Foto-Marina Busto
Fabián Sendón no Club do Mar-Muxia-Foto-Marina Busto
  • Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Michael, Carlos Costa, Brais, Fabián, Iago, Mauro, Víctor Alcaina, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joel, Noé, Alex, Antelo e Adrián Alcaina.
  • Goles: 1-0, m.52: Alberto Díaz; 2-0, m.69: Alberto Díaz.
Victor Alcaina no Club do Mar-Muxia-Foto-Marina Busto
Víctor Alcaina no Club do Mar-Muxía-Foto-Marina Busto

Partido moi igualado na primeira parte, na que o equipo de Sergio Pataca consegue xerar ata 3 ocasións claras de gol, pero non atina a marcar. Tamén o Club do Mar tivo unha moi clara que para moi ben Iván Bouzón.

Na segunda, os muxiáns, sen Carlos Costa que tivo que ser substituído, agazápanse un pouco máis e cadro local pasa a dominar durante os primeiros 20 minutos, marcando un tanto que fai moito dano aos vermellos. Lesiónase aí ademais Manu Nogueira deixando ao equipo moi mermado que xa non se levanta do segundo tanto, que chega pouco despois tras un rexeite nunha falta.

Carlos Costa no Club do Mar-Muxia-Foto-Marina Busto
Carlos Costa no Club do Mar-Muxía-Foto-Marina Busto

Vizoño - Fisterra (5-1)

  • Fisterra: Joselu, Isma, Dani, Maikel Mouzo, Ángel, Miguel, Pablo, Beltrán, Martín, Juan e Guille. Tamén: Guillermo Suárez, Makaay, e Alberto.
  • Goles: 1-0, m.14: Alejandro Miranda; 2-0, m.30: Alejandro Miranda; 3-0, m.60: Diego Valiño; 4-0, m.70: Mateo; 4-1, m.85: Adrián Makaay; 5-1, m.88: Diatta.

Demasiado castigo para un baby Fisterra cheo de baixas. Os de Leo aguantaron ben a primeira metade, mesmo dominando o balón, pero nas dúas chegadas que tiveron os locais, dous goles. Na segunda, os fisterráns saían presionando arriba, pero na primeira contra os locais fan o terceiro e matan o partido.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios