QPC segue ampliando as súas fronteiras e chega xa a Santa Comba e Coristanco
Coa intención de cubrir toda a actualidade das comarcas de Fisterra, Soneira, Bergantiños, Carnota e Muros e Terra de Xallas, QPC segue ampliando as súas fronteiras. Se fai un par de meses comezabamos a informar sobre as novas relativas ao Concello de Carballo, dende hai unhas semanas comezamos a recoller no xornal as novidades que atinxen aos Concellos de Coristanco e Santa Comba.
I é que, un pouco empurrados pola repercusión do Fútbol da Costa, todos estes Concellos teñen clubes nas Ligas costeiras que seguimos, polo que sabemos que xa hai seguidores en todos eles, e só queremos facilitarlles a meirande información posible sobre os seus municipios.
Sen ánimo de establecer unhas fronteiras exactas da Costa da Morte, Con estes dous concellos máis, xa cubirmos a actualidade dos Concellos de Bergantiños (Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica e Ponteceso), Soneira (Camariñas, Vimianzo e Zas), Fisterra (Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía), Terra do Xallas (Santa Comba e Mazaricos), Carnota e Muros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).