Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Queda inaugurada a media Autovía da Costa da Morte

Queda inaugurada a media Autovía da Costa da Morte
Politicos no acto de inauguracion da Autovia Costa da MortePoliticos no acto de inauguracion da Autovia Costa da Morte Políticos no acto de inauguración da Autovía Costa da Morte Gran nova para a Costa da Morte a apertura do treito de autovía entre Carballo e Baio. Un aforro de tempo e diñeiro para milleiros de habitantes da Costa da Morte, e un impulso máis para invitar a visistantes de todo o mundo a achegarse, con maior facilidade, á nosa bisbarra. Sen embargo, non podemos esquecer a longa listaxe de promesas incumplidas de todos os gobernos destes 13 anos de singradura da Autovía Costa da Morte. En 2003 prometían por primeira vez este proxecto co gallo do Prestige, en 2008 Touriño colocaba a primeira pedra asegurando que estaría en funcionamento (de Carballo a Fisterra) en 2010. Dende aí comezou o baile de promesas e nos atopamos en verán de 2016 inaugurando #MediaAutovía. Realmente é un tercio, pois ademais do esquecido treito Baio-Berdoias (xa mesmo co desmonte realizado), nada sabemos da unión entre Berdoias e Cee, e mesmo o porto de Brens, como se prometera en 2008.

Posta en marcha

Así, este 29 de xullo de 2016, a comitiva política celebraba o acto de inauguración nunha carpa situada no medio da Autovía. A partir das 17:00h xa comezarán a circular os primeiros vehículos polos 27 km que unen Carballo co Baio, exactamente ata o enlace de Santa Irene, entre Baio e Vimianzo. Unha importantísima vía que terá que vertebrar a Costa da Morte. Na inaguración Alberto Núñez Feijóo manifestou que "hoxe é un día para estar contentos, pero non conformes". Polo que aproveitou o acto para anunciar que a consellería de Infraestructuras ten enriba da mesa o proxecto para concectar o final do treito inaugurado hoxe co concello de Vimianzo. "Este mesmo ano está prevista a contratación deste proxecto constructivo", reiterou o presidente da Xunta. “Seguimos crendo que a Costa da Morte merece e precisa unha vía de alta capacidade que una A Coruña con Fisterra. E despois de todos este anos temos máis claro que nunca que o camiño se fai paso a paso, e que para chegar a Fisterra fai falta chegar primeiro a Baio, desde alí enfilar cara a Vimianzo e logo cara a Fisterra. E niso estamos”, detallou. Así mesmo, o titular do executivo galego afirmou que os veciños da Costa da Morte verán multiplicadas as súas oportunidades de progreso e crecemento, “xa que estamos a falar dunha infraestrutura soñada hai tempo e que nace hoxe como un camiño de futuro que achega aos galegos entre si; e que contribuirá, por exemplo, a que se desenvolvan os proxectos empresariais que aquí se radiquen e se poñan en valor todas as bonificacións que a Xunta está a levar a cabo nos polígonos industriais da zona executados pola administración autonómica, unhas bonificacións de ata o 50% no prezo do solo”. Para a posta en funcionamento deste treito foron necesarios máis de 170 millóns de euros. Autovia Costa da Morte

A historia da Autovía Costa da Morte

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios