Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Queremos Galego leva unha ILP ao Parlamento para garantir o uso do galego nas administracións

Queremos Galego leva unha ILP ao Parlamento para garantir o uso do galego nas administracións
O pleno do Parlamento de Galiza debaterá o vindeiro 14 de decembro a toma en consideración da proposición de lei impulsada no seu día pola Plataforma Cidadá Queremos Galego para “a garantía e protección dos dereitos lingüísticos no ensino e no ámbito das administracións públicas” a través do procedemento de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP). Finalmente, logo de varios meses de actos informativos, mesas na rúa ou actividades lúdicas de diversa tipoloxía, o pasado 18 de outubro foron entregadas máis de 30.000 sinaturas no rexistro do Parlamento, ao coidado dos diferentes grupos parlamentarios, coincidindo co primeiro aniversario da primeira gran manifestación cidadá convocada por Queremos Galego desde a súa creación. Como a comisión promotora da ILP non ten posibilidade legal de intervir no debate plenario para expor os seus argumentos, o portavoz de Lingua do BNG, Bieito Lobeira, que intervirá en primeiro lugar por ser o representante do grupo que rexistrou a proposición como propia, dará lectura a un texto que Queremos Galego elaborou para a ocasión. Tanto os grupos parlamentarios do BNG como do PSdG-PSOE confirmaron a Queremos Galego, logo de encontros mantidos con eles hai varios meses, o seu voto favorable á toma en consideración da proposición de lei no pleno do vindeiro 14 de decembro. A plataforma cidadá agarda que o grupo do Partido Popular “non desaproveite a oportunidade de voltar aos consensos básicos en materia de lingua” e confía en contar “co voto favorábel do grupo popular á tramitación dunha lei inspirada nunha lexislación en un Plan xeral de normalización aprobados no seu día co seu apoio”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Queremos Galego - Bergantiños - Costa da Morte.

Comentarios