Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A patronal hostaleira unida pide aos establecimentos que pechen e oferten as súas camas aos centros sanitarios

IMG_20200315_151253
Suso Lema, Jesús Picallo e Pablo Canosa
A patronal hostaleira unida pide aos establecimentos que pechen e oferten as súas camas aos centros sanitarios

No marco no que nos atopamos, despois do primeiro primeiro positivo na comarca, e tras cerciorar o peche de todas as actividades de Semana Santa, a patronal hostaleira vén de emitir un comunicado cheo de responsabilidade.

As tres asociacións da Costa da Morte (SOLPOR, APTCM e Muxía Natural), despois dunha reunión extraordinaria para tratar a situación de alerta sanitaria, queren facer un chamamento a todos aloxamentos, albergues apartamentos, cabañas… a pechar “nun exerxicio de responsabilidade e colaboración para non contribuir a propagar o virus”.

Así mesmo, dende a patronal muxiá, aseguran que se porán en contacto cos servizos sanitarios do Hospital Virxe da Xunqueira e os servizos sociais do concello de Muxía “para colaborar e ofrecerlle os nos aloxamentos en caso de que fose necesario aloxar a persoas maiores ou de illamento sanitario”.

As entidades manteñen en contacto directo co Cluster de Turismo de Galicia, e pronto se porán en marcha para solicitar todas as reclamacións e indemnizacións de forma conxunta, unha vez que o pao económico deste parón vai ser difícil de superar sen axuda.

”Muxía, e a Costa da Morte ten historia de solidaridade, unión e implicación coas catástrofes e desgracias sobrenaturais”, lembran. “Esta comarca xa demostrou sobrepoñerse a catastrofes, e circunstancias sobrenaturais moi complicadas, e voltarémolo a facer todos xuntos”, animan.

Todas as novas do Coronavirus

Comentarios