Radiografía, dende Santa Comba ata o Ézaro, do río Xallas en pleno temporal

A serie de chuvias destes meses de outubro e comezos de novembro vén de envorcar a sitación de seca de varias zonas do país. O noso río Xallas é un exemplo perfecto, e queremos facer unha radiografía do seu estado esta fin primeira fin de semana de novembro.
Arrincamos, por terras de Santa Comba, onde o río saíuse por todas partes como comprobamos nestas fotos que nos manda Protección Civil de Tapia, A Cova e Esmorode.

Xa en Mazaricos, as imaxes aéreas do encoro da Fervenza que nos trae Alvite son espectaculares, con cifras que superan o 95% da súa capacidade, provocando que a empresa teña que abrir as comportas. As aldeas de Colúns, Corzón, por Mazaricos, e O Couquiño, Olveira ou Olveiroa por Dumbría teñen fincas totalmente anegadas.

Un pouco máis abaixo, o Encoro de Santa Uxía tamén está a tope, coas comportas completamente abertas, como nos conta Manuel María Candamo ao pé da parte baixa do río.
Un encoro máis abaixo, no de Santa Uxía, a empresa concesionaria tamén tivo que abrir as comportas, deixando así correr a auga do Xallas río abaixo... pic.twitter.com/I7n7lZjyqE
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) November 5, 2023
Todos estes feitos provocan que a Fervenza do Ézaro teña estes días unha visión espléndida:
rio Xallas a escape libre pic.twitter.com/viNlUc09pg
— Xosé M. Rey (@xmrey) November 4, 2023