Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A RAG e Puntogal lanzan o seu concurso de microrrelatos

2021_concurso_microrrelatos_RAG_Puntogal
A RAG e Puntogal lanzan o seu concurso de microrrelatos

A Real Academia Galega e PuntoGal convocan o IV Concurso de microrrelatos, aberto á participación de persoas de todas as idades. Ata o 28 de febreiro podedes enviar as vosas historias en non máis de 200 palabras, como podedes ver na páxina web relatos.gal.

Como en ocasións anteriores, contémplanse tres categorías: infantil, xuvenil e adultos. En total, repartiranse 9 premios, dende un ordenador a varios lotes de libros, pasando por unha consola ou un libro electrónico.

Entre o xurado non falta o mazaricán e presidente de Puntogal, Manuel González.

Comentarios