Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A recuperación do Camiño permite ter unha previsión do 80-90% no sector turístico costeiro

A recuperación do Camiño permite ter unha previsión do 80-90% no sector turístico costeiro

Fai balance hoxe o Clúster de Turismo de Galicia, tras unha consulta realizada no sector, sobre as previsións de cara a este sector. Unhas previsións optimistas, que sitúan a ocupación arredor do 90% en toda Galicia.

O estudo asegura que a Costa da Morte se achegará á plena ocupación na primeira quincena de agosto e o resto do verán oscilará entre o 80% e o 90%. Os hostaleiros desta zona destacan o incremento que están a rexistrar no número de persoas peregrinas. A recuperación dos peregrinos está sendo fundamental para rescatar o sector, despois destes dous duros anos.

Comentarios