Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PSOE fractúrase ante o nomeamento de Amancia Trillo como deputada

O PSOE fractúrase ante o nomeamento de Amancia Trillo como deputada

A elección de Amancia Trillo como deputada do PSOE da zona de Corcubión vén de abrir unha seria fenda no seo do partido. Tras recadar os peores resultados da historia do PSOE ceense, o partido esquenceu que, por rotación, esta lexislatura tocaríalle formar parte da Deputación aos membros do partido de Corcubión e de Fisterra, estando 2 anos cada un.

Pero será Amancia Trillo a que retome o soldo de deputada os dous primeiros anos, sendo o candidato do PSOE de Carnota o que ocupe os dous restantes. Unha decisión que se tomou sen a presencia dos responsables dos partidos de Dumbría, Corcubión, Fisterra e Vimianzo. E unha decisión que vén de provocar unha serie reaccións en cadena. Dende Dumbría, José Manuel Pequeño, anterior deputado, xa manifestou a súa incredulidade ante a decisión.

E hoxe, dende o PSOE fisterrán, liderado por José Marcote. Así, dende a Agrupación Socialista de Fisterra nos envían esta dura carta:

Querida compañeira Amancia

O que che queremos manifestar nesta carta é o sentir da agrupación socialista de Fisterra, coa túa actitude presentándote como candidata a representar á comarca na Diputación.

Aínda que ao peor, temos que resignarnos ante a superioridade matemática que ten a túa candidatura para diputada provincial, evidentemente non estamos de acordo con esa opción, senón que mais ben estamos “indignados” con ela.

Ti sabías que agora tocáballe a Fisterra ou Corcubión ou aos dous xuntos, pero parece que o teu egoísmo polítco ou económico, non che dexa facer as cousas como debes.

Sabemos que a túa idea, despois dos resultados electorais, era dimitir asumindo a túa responsabilidade, demostrándolle a xente que ainda quedan políticos decentes.

Cremos sinceramente que deberías telo feito, e dar unha lección de cómo se debe sair da política, algo que no noso país non se estila, sendo unha das causas da mala imaxe que temos os políticos diante da sociedade.

Pero non o fixeches así, e decidiches apoiarte no teu cuñado e alcalde de Muxía, que parece que aproveita todas as ocasións que ten para fastidiar ao pobo de Fisterra, e alargar a túa vida política un pouco mais na diputación, e seguir cobrando da política que parece que é do que se trata.

Escoitar os consellos está moi ben, sobre todo cando veñen de xente que che quere, pero non debemos olvidar que a decisión final ten que ser dun mismo, xa que as consecuencias, boas ou malas desa decisión, van afectarche solamente a ti.

Pensamos que neste problema que temos a nivel comarcal coa designación de diputado/da, quen vai sair peor parada es ti, pero ainda estas a tempo de remedialo.

Por eso creo que agora tes outra oportunidade para facer o que xa tiñas pensado ao principio, e sair da política como te mereces e coa dignidade que ti tes.

Aínda que aos Fisterráns o mal xa nolo tes feito e seguramente non ten remedio, non queiras ser ti o motivo das disputas do PSOE da Costa da Morte. Esta é unha razón magnífica para retomar a túa idea inicial e deixalo. Non a deixes escapar.

  • Asdo. Agrupación Socialista de Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE fisterrán.

Comentarios