Novos e codiciados postos de deputados da Costa da Morte


Vese que hai cousas máis importantes que os resultados electorais para premiar aos políticos da Costa da Morte cun posto de diputado provincial. Un posto moi codiciado e que nesta nova lexislatura xa ten novos "premiados".
PSOE
Polo PSOE da Costa Atlántica, a nova parlamentaria será Amancia Trillo, que vén de liderar ao partido cos peores resultados da súa historia no Concello de Cee. Trillo será a substituta de José Manuel Pequeño, e que marcha con algunha discrepancia co partido. Trillo será a única representante do PSOE nas listas de deputados de Costa Atlántica e Bergantiños, e estará os 4 anos de lexislatura.
PP
Os representantes populares dos 9 concellos que conforman o Partido Xudicial de Corcubión na Deputación serán Zaira Rodríguez e Daniel Rego. A portavoz popular no Concello de Cee será deputada os dous primeiros anos e daralle a substitución ao portavoz de Camariñas os dous últimos.
Novas relacionadas
- O TXSG desestima o recurso electoral do BNG de Fisterra e Traba xa pode ser investido como alcalde.
- PSOE e BNG de Carnota amosan a súa postura tralo pleno de investidura.
- Decididos todos os novos alcades na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).