mércores. 30.04.2025
El tiempo

Relevo xeracional no Comité de Irmandamento de Carballo con L´Isle Jourdain

Relevo xeracional no Comité de Irmandamento de Carballo con L´Isle Jourdain
Carmen Rives fai entrega da documentación do Comité á nova presidenta, Ana Cancela Carmen Rives fai entrega da documentación do Comité á nova presidenta, Ana Cancela

Sempre é unha boa nova ver que as entidades se renovan. E tras máis de dúas décadas, fai falta relevo. Tantos anos leva creando auténticos lazos de amizade entre os municipios de Carballo e L´Isle Jourdain, programando, organizando, coordinando diferentes iniciativas no ámbito do irmandamento e promovendo a participación da poboación carballesa en tales iniciativas, son dignas de mención. Horas de dedicación voluntaria que Carmen Rives xunto co resto de compoñentes do Comité de Irmandamento entre os que cabe destacar - entre outros - a José Antonio Viña e a Manuel José González, contribuíron a levar a nivel local os beneficios da integración europea creando un sentimento de identidade compartido entre os dous territorios. O seu afán é dar longa vida ao irmandamento polo que manifestaron o seu desexo de que a nova xeración tome a substitución á fronte da Asociación.

Con Ana Cancela á cabeza, o pasado venres tomaba posesión a nova Xunta Directiva, da que tamén forman parte aVicepresidenta Ana Rosa Juárez Brándulas, Secretaria Cristina Castro Santiago, Tesoureira Clara Regueiro Villar, vogais Sandra Rodríguez Nieto e Gema Reino Rodríguez.

Nova xunta directiva, de esquerda a dereita, Sandra Rodríguez, Cristina Castro, Clara Regueiro, Ana Cancela, Ana Juárez e Gema Reino Nova xunta directiva, de esquerda a dereita, Sandra Rodríguez, Cristina Castro, Clara Regueiro, Ana Cancela, Ana Juárez e Gema Reino

A nova Directiva presentou á Asemblea a proposta inicial de actividades para este ano 2016 entre as que cabe destacar: un foro de busca de emprego na Europa francófona, un café conversation en francés, un club de lectura, un monográfico sobre o comic francés, e un contacontos para achegar a lingua e a cultura francesa aos máis pequenos da casa e ás súas familias. Todas as persoas interesadas en participar nestas ou outras actividades que se desenvolverán ao longo do ano e que se irán anunciando a medida que se estableza a programación de datas e horarios, poden contactar co Comité a través do email info@carballo-lisle.org e/ou seguilo a través de www.facebook.com/jumelagecarballolisle.

Novas relacionadas

Fonte

  • Comité de Irmanamento de Carballo con L´Isle Jourdain.
  • Fotografías: Toni España.

Comentarios