Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Renovados os horarios de Autobuses da Costa da Morte

Renovados os horarios de Autobuses da Costa da Morte

Xa saben que QPC é o único espazo (on e offline) onde se poden atopar, unificados, os horarios dos autobuses da Costa da Morte. A existencia de 3 empresas adxudicatarias provoca unha desinformación clara e de non ser polo espazo creado por esta casa www.busescostadamorte.com non habería xeito de saber cando pasan as poucas liñas existentes.

Ademais se xa temos un deficiente servizo de transporte colectivo, que non público (non cansamos de dicilo), pode que no futuro as cousas veñan peor se é verdade a denuncia que realizaban os sindicatos sobre o posible venta de Autocares Vázquez das súas liñas. Unha situación que nos lembra aos momentos daquela tráxica segregación do servizo que prestaba Arriva e que provocou un clara baixada da calidade do servizo.

Con todo, e trala crítica de rigor, apuntamos que temos novos horarios renovados. Aucasa, que une Baio con Santiago, vén de achegarnos as súas novas fichas, e xa realizamos os cambios pertinentes nos horarios. Ademais, incluímos no cartel os horarios de Santiago-Muxía, de Autos Ferrín, unha liña moi usada sobre todo polos estudiantes da comarca de Fisterra unha vez que o último bus regular que sae de Santiago (e da Coruña) ronda as 17:00h.

Así que en breve faremos unha nova campaña de pegada de carteis, gracias, iso si, á colaboración do Grupo Insua, sempre comprometido co servizo de transporte da Costa da Morte.

Polo de pronto, xa podedes ir consultado na web www.busescostadamorte.com ou descargando o cartel.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios