Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Reparto de solidariedade

Pantallas de Carballo para Camariñas
Pantallas de Carballo para Camariñas
Reparto de solidariedade

Énchese de exemplos de solidariedade e traballos sociais a Costa da Morte, e esta semana toca facer un repaso.

Pantallas de Carballo a Camariñas

O IES Monte Neme de Carballo, onde é docente o camariñán Diego Carril, vén de realizar unha doazón ao Concello de Camariñas de 50 pantallas que se repartirán por todos os comercios do municipio. Ademais, comprometéronse a facer proximamente entrega doutras 50 pantallas máis.
Este material de protección foi fabricado coas impresoras 3D do centro por Diego e os seus compañeiros Jose Manuel Mahía e Jorge Mallo.

Precisamente o Concello camariñán, a través de Protección Civil, comezou onte co reparto das máscaras infantís artesanais, feitas con material TNT de triple capa.

Ordenadores para o alumnado en Ponteceso

ordenadores_de Ponteceso

O Concello de Ponteceso, para facilitar ás familias con menos recursos a posibilidade de que os nenos e as nenas poidan acceder a contidos educativos online, pon á súa disposición 10 ordenadores portátiles doados pola empresa EDP Renováveis.

XEAL doa a Dumbría e Mazaricos

Desinfectando Dumbria

A empresa XEAL, Xallas Electricidad y Aleaciones, en resposta á solicitude remitida polo Concello de Dumbría, realizou unha doazón para a adquisición maquinaria fitosanitaria, en concreto, unha hidrolimpadora fumigadora con motobomba e os produtos de limpeza e desinfección correspondentes para hixienizar os espazos máis transitados e sensibles, onde a transmisión do virus é máis fácil.
Tamén se compraron Equipos de Protección Individual (EPIs), indispensables para o persoal que realiza estas tarefas de limpeza e para as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, así como material imprescindible para a xestión dos residuos xerados nos domicilios afectados por Covid-19.

A empresa tamén fixo unha doación ao Concello de Mazaricos, para mercar unha cuba arrastrada para realizar tarefas de limpeza e desinfección.

Aumenta o SAF en Vimianzo

Vimianzo reparto 1
Vimianzo tamén reparte mascarillas

O Concello de Vimianzo incrementa cada semana o número de solicitudes nos servizos de entrega a domicilio. Máis de 60 familias fan uso do servizo de impresión de deberes, namentres que máis de 160 persoas usuarias se benefician da impresión das fichas de memoria.

Reparto de máscaras en Malpica e Muxía

Os Concello de Malpica e Muxía comeza co reparto de mascarillas á veciñanzado municipio. Por Malpica forman o equipo coordinador o alcalde, Walter Pardo; a concelleira de Cultura e Patrimonio, Leticia Varela; o concelleiro de Seguridade Cidadá, Alfredo Cañizo, Protección Civil e Policía Local. As malpicás son máscaras feitas por costureiras da vila con material TNT “recomendado polas autoridades sanitarias”.

Por Muxía tamén aseguran que se tratan de “mascarillas homologadas para toda a veciñanza do municipio.

Muxia reparte mascarillas
Coordinando o reparto en Muxía

comentarios