Un reto viral para parar os recortes en pediatría

09:03 20/11/20
Este venres 20 de novembro a activa plataforma Pediatras e Matronas Xa, creada na bisbarra pero pensada para toda Galicia, lanza unha campaña en redes, coincidindo co Día Mundial da Infancia, para denunciar a falta de pediatras e matronas en Galicia.
Máis de 50 concellos de toda Galicia ofreceron o seu apoio para esta iniciativa na que tamén se van involucrar a Federación de ANPAS galegas, diferentes asociacións, xentes do mundo do espectáculo…
A idea é que a partir das 12:00h subamos unha foto de perfil ás redes sociais en branco e negro cos brazos en X, coas etiquetas #pediatrasxa #matronasxa.
”Estes recortes parámolos unidxs”!
Novas relacionadas
- Familias da Costa da Morte lideran unha Plataforma para esixir pediratras e matronas en todo o rural galego.
- DirectosQPC sobre o SERGAS: As principais campañas sobre hábitos saudables en anuncios de refrescos ou galletas”.
- Outubro 2020: 17 anos de promesas pero Fisterra segue sen novo Centro de Saúde
- Outubro 2020: Carnota mobilízase para recuperar o seu servizo de pediatría.
- Setembro 2020: As profesionais do Servizo de Atención Primaria de Vimianzo describen a súa precaria situación.
- Febreiro 2020: Manifestación comarcal en Cee contra os recortes en pediatría: “Somos familias aos que se nos está negando o dereito a unha sanidade pública digna”.