Retrasos nos servizos básicos das praias da Costa da Morte: Cuadrillas de limpeza
12:18 11/08/15
Está claro que todos funcionamos a base de calendario, e que para a maioría da cidadanía non representa o mesmo ver lixo nas praias durante o mes de xaneiro, que no verán. Sempre me chamou a atención ver xente na praia nun pleno orballo de agosto, e ver a mesma praia baleira con sol a plomo, a finais de setembro. É cousa de costumes.
O caso é que a cidadanía vense queixando durante moito tempo do retraso que sofren os servizos de limpeza e vixiancia nas praias da Costa da Morte, e supoño que en moitos máis lugares do país.
A lei é clara. É competencia dos Concellos a limpeza e a vixiancia dos areais do seu termo municipal.
Tamén é certo que, a pesares de que todos asumimos que os Concellos son os que deben manter limpas as praias, xa teño visto, en pleno inverno, algunha máquina de Tragsa contratada polo Ministerio de Medio Ambiente (Costas), facendo estas tareas de limpeza. Recoñezo que xa hai bastantes invernos que xa non as vexo. E axudaba.
Vamos ao conto. Os Concellos asumen a limpeza das praias no verán, fundamentalmente.
Para que un Concello poida ter estes dous servizos tén dúas opcións:
- Por unha parte, orzamentar como propios estos gastos, asignando diñeiro do presuposto anual para contratar unha cuadrilla de limpeza, según necesidades. Independentemente de recibir ou non subvención, o Concello contaría con esta cuadrilla de limpeza, en tempo e forma orzamentadas.
- Por outra parte, solicitar a subvención anual que durante os últimos anos ofrece a Deputación Provincial da Coruña, no caso dos Concellos da Costa da Morte.
- Os Concellos deberían orzamentar, se fose posible.
- A Deputación debería adiantar a liña de subvencións o máis posible, sobre todo os prazos de concesión que sempre andan xustos cara o verán.
- A Deputación debería de comunicar aos Concellos o periódo subvencionable, con antelación.
- O Ministerio de Medio Ambiente debería facer unha limpeza profunda dos areais no inverno.
- Nós deberiamos ser máis coidadosos co que tiramos ao mar e coidar dos areais. Menos plástico nas nosas vidas, pode ser un bo comezo.
- Óscar M. Rey Calo, amante da radio e practicante na Radio Roncudo, e ex teniente alcalde do Concello de Ponteceso.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).