As rexedoras da comarca reivindan o seu papel no I Encontro de Alcaldesas da Coruña
As rexedoras da Costa da Morte: Sandra Insua, de Camariñas; Mónica Rodríguez, de Vimianzo e Margarita Lamela, de Cee, estiveron presentes no I Encontro de Alcaldesas "El poder de hacer las cosas bien" que se está a desenvolver hoxe na cidade herculina.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, remarcaba que "é un orgullo estar aquí hoxe, nun concello no que fun habitante, e asinar esta declaración en María Pita, cunha alcaldesa como Inés Rey, e deberiamos participar en máis actos como este", facendo fincapé en que "somos tres as que estamos aquí hoxe, que compartimos todos os problema. Vivimos as tres momentos moi duros pero é reconfortante poder estar hoxe aquí".
Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, pola súa banda, quixo agradecerlle "á alcaldesa da cidade da Coruña, Inés Rey, ter promovido un acto destas características", continuando facendo fincapé en que "é un día moi importante para as mulleres e aínda que temos moito traballo por diante, a base está aquí, hoxe. É precioso poder compartir este momento coas miñas homólogas e ogallá sexa o primeiro de moitos que se fan".