Venres. 29.03.2024
El tiempo

Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias

Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias
Rexistro da Policia Xudicial e da GC no Concello de Coristanco

Esta mañá de mércores 12 de febreiro de 2014 o Concello de Coristanco recibía unha inesperada visita. Varios furgóns da Policía Xudicial e da Garda Civil acodían para realizar un rexistro no marco dunha operación ordenada polo Xulgado de primeira instancia e instrución de Carballo.

Segundo nos informan fontes xudicial, a investigación estase a levar a cabo tanto no Concello coma nun grupo de empresas. E malia que as dilixencias declaradas secretas polo Xulgado, podemos adiantar que neste momento non hai ninguén imputado, se ben a investigación realízase polos presuntos delitos de prevaricación e tráfico de influencias.

Mentres, no Concello continúa a porta pechada dende primeira hora da mañá, e non puidemos falar con ningún responsable por estaren "dispoñibles".

Unha estampa que nos recorda, sen lugar á dubidas, á #OperaciónOrquesta, iniciada hai 3 anos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios