XORNADAS SOSTIBILIDADE
Rosa Arcos: “O empredemento feminino está sendo un dos motores da revitalización o rural galego”
Este sábado 23 de marzo, a Casa da Cultura de Corcubión acolle unhas máis que interesantes Xornadas sobre Sostibilidade do Mar e o Monte. Entre as ponentes estará Rosa Arcos, presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais FADEMUR.
Unha entidade, FADEMUR, que traballa por toda Galicia pero que coñece ben a zona pois a federación axuda a entidades como a Asociación de Mulleres Progresistas de Dumbría, Asociación de Mulleres Rurais de Muxía, Asociación de Mulleres Rurais de Arantón, Asociación de Mulleres Rurais Santa Sabiña ou a Asociación As Céltigas, estas tres de Santa Comba.
Falamos con ela en clave de rural e de muller:
- QPC: Desde cada unha das vosas experiencias e desde os vosos respectivos proxectos, cales considerades que son os retos máis urxentes para a sostenibilidade do monte, do mar ou do agro en Galicia?
A sostenibilidade é un ámbito moi amplo. As actividades que se realicen no rural teñen que ser arredor do entorno, da cultura, das especies… pero tamén das persoas, polo tanto ese concepto de sostenibilidade ten que conxuntar esas dúas partes: Poñer en marcha iniciativas de emprendemento respectuosas co entorno, e que sexan viables co mantemento e fixación de postos de traballo. De nada nos valería ter un medio rural baleiro de persoas ou ter un medio rural cheo de inciativas contaminantes. Por intentamos promover o inicio de pequenas iniciativas en feminino que dinamicen o rural.
- QPC: Que problemáticas ou asuntos concretos credes que se debe de visibilizarse máis nos vosos sectores de cara a lograr unha conciencia colectiva social máis rica?
O medio rural ten que ser un espazo vivo, e amable coas persoas que queren quedar a vivir nel. Hai moitas cuestións que ás veces dificultan a fixación no rural, dende normativas ambientais, ou os propis PXOM que non permiten certas instalacións ou producións. Hai un amplo abano de trabas de eido legal que temos que superar sempre que non rompan o entorno.
Ademais, hai outras barreiras máis sociais, especialmente para as mulleres, como todo o que ten que ver cos temas da conciliación. Emprender no urbano é difícil pero tes ofertas, servizos… para conciliar. No rural non soe haber posibilidades de compatibilizar o traballo co coidado de persoas maiores ou pequenas. E tampouco hai facilidades para comercializar, é moi dificil facerse visible, por problemáticas relacionadas co transposte, coas comunicacións…
Por isodebemos traballar con esa perspectiva para facer un rural máis vivo e máis atractivo para que as persoas poidan emprender. Por aí temos que ir traballando para loitar contra o despoboamento, contra o envellecemento, e unha das posibles viíus de solución é que as mulleres nos asentemos cun proxecto vital.
- QPC: Que lles diríaa aos moz@s que nun futuro teñan ou desexen desenvolver proxectos de vida e traballo no rural galego?
Eu diríalle que o rural ten oportunidade, ten trabas, pero tamén as teñen o medio urbano. E o rural ten posibilidades en materia de diversificación cunha ampla marxe de mellora, como no eido Agroalimentario, turístico, servizos… porque son moitas as necesidades de cubrir estas áreas.
Diaríalle tamén, sobre todo a elas, que s iniciativas de empredenemento por mulleres teñen unha taxa de éxito aos 2 anos un 10% maior que os homes. Probablemente porque as mulleres cando empredendemos facémolo dunha maneira máis social, máis apegada ao territorio, tendo en conta a localización, a diversificación… dende a necesidade de asentarnos e buscando unha fórmula de vida encaixada nese espazo do rural, á estrutira social, pensadas máis para solventar problemas como a conciliación.
O empredemento feminino no rural está sendo un dos motores da revitalización das zonas rurais, porque pensamos máis en conxunto, en familia, en vida. Os homes pensan máis en termos de negocio, de futuro inmediato. Por iso, o emprendemento feminino non só aporta dinamismo económico, senón dinamismo social aos núcleos rurais.
- QPC: Cales son as ausencias administrativas máis acuciantes respecto á cobertura e apoio cara aos vosos ámbitos de traballo? E cales considerades que puidesen ser unha boa batería de iniciativas positivas de apoio?
As trabas burocráticas son algo importante. Por exemplo, en calquera rúa dunha cidade, se ti tes un edificio cun baixo podes solicitar o cambio a uso comercial sen demasiados problemas. Pero no rural, cambiar o uso dun baixo é moi complexo, porque hai máis limitacións nos PXOM. Dende a Xunta deberíase traballar para facilitar espazos que compatibilicen a implantación de negocios coa protección dos núcleos. Hai tamén problemas na xestión de residuos.
En clave de poboación, temos que deixar de mirar os números. O que pasa cas escolas, que están pechando se hai menos de 12 nenos por curso, ou o tema da sanidade, co problema que estamos vendo cos recortes, e se temos menos de X nenos no pueblo, déixannos sen pediatra. A cobertura no rural dos servizos básicos non poden seguir baseándose en cifras.
Quen quere vivir no rural onde non teña educación, transporte, sanidade…? Así dificimente podemos pedirlle ás familias que se asenten no rural. Quen ten a ferramenta para resolvelo non somos as persoas individualmente, é a acción pública, e aí as administracións, todas, teñen que tomar medidas que recuperen os servizos básicos.
Paréceme impresentable que pechen escolas e que recorten en sanidade (sobre todo a menores e maiores) e que nos pidan fixar poboación do rural.
Ademais as mulleres estamos suplindo esta carencia de servizos públicos, que non manteñen vivos as administracións…
- QPC: Como presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais poderías introducirnos aos puntos cruciais da vosa axenda específica en Galicia?
Asesoramos ás nosas entidades, e cada ano tratamos de establecer obxectivos “políticos” de traballo. Este ano centramos o noso entorno para apoiar o emprendemento en feminino no rural, asesorar mulleres que estean abrindo negocios no rural, e acompañalas.
Tamén estamos moi centradas e traballando o que ten que ver coa violencia de xénero, na detección, na comprensión… e facelo no rural tamén en concienciar, previr, en construíur unha sociedade máis igualitaria, pois no rural temos unha sociedade máis pechada, cunha presión máis alta onde é máis difícil saír, denunciar… Por iso tamén traballamos coas crianzas, coas nosas asociacións… na prevención.
- QPC: Que cambios positivos consideras e percibes que se están dando para mellorar a situación de traballo e vida das mulleres no rural galego?
Hai moitas rapazas novas que teñen unha gran formación, os expedientes soen ser mellores que os seus compañeiros, ademais, e esas mulleres que queren quedar no rural son moito máis conscientes do papel que quere protagonizar. E elas son as que máis ideas están tendo, dándolle unha volta á idea de explotación tradicional, cara a diversificación da actividade. E ese é un cambio sustancial.
Na medida de que esas rapazas teñan éxito, estaremos promovendo un futuro máis ordenado se as explotacións pechan, as terras abandónanse despois temos xabaríns, incendios… Deberíamos apoialo para que todo iso arraigue e pois son o futuro.